Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • O documental do mes: "Mambar Pierrette"

    Cando:

    02/05/2024

    En maio proxéctase no Fórum Metropolitano, dentro do ciclo “O documental do mes”, a película dirixida por Rosine Mbakam "Mambar Pierrette" (Bélxica, 2023), un documental que narra a historia de Mambar Pierrette, unha modista de barrio da cidade camerunesa de Douala á que unha longa fila de clientes acoden para preparar a súa roupa polo comezo do novo curso escolar.

  • "Indóciles. Luísa Villalta a escena"

    Cando:

    03/05/2024

    O centro Ágora acolle esta peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.

  • 8 prazas bombeiro/a do Concello da Coruña

    Inscricións:

    Dende o 24/04/2024 ata o 23/05/2024

    O Concello da Coruña convoca proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de 8 prazas de bombeiro/a. O sistema de selección será o de oposición.

  • Día da Ciencia na Rúa 2024

    Cando:

    04/05/2024

    O Parque de Santa Margarida acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.

  • Encontro profesional sobre Educación en Museos e Institucións Culturais

    Cando:

    10/05/2024

    Inscricións:

    Ata o 07/05/2024

    O próximo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, cuxo lema neste ano é "Museos pola educación e a investigación", e desde a Fundación María José Jove súmanse a esta conmemoración coa celebración dun Encontro profesional sobre Educación en Museos e Institucións Culturais.

  • Corufest 24

    Cando:

    Dende o 09/05/2024 ata o 19/05/2024

    O festival LGBTIQ de artes escénicas que inaugura a acción cultural desde os espazos propios do Concello presenta a programación para este ano 2024.

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión