Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

40 resultados

  • Bolsas Comedor UDC 2023-24

    Inscricións:

    Ata o 16/05/2024

    A Universidade da Coruña (UDC) convoca 200 bolsas de comedor para o alumnado matriculado no curso 2023/24, coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades daquel pertencente a familias con rendas baixas.

  • Microcréditos á formación

    Cando:

    A formación poderá cursarse desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de setembro de 2024 pero o seu remate e superación debe realizarse tras a data de publicación desta convocatoria (21 de novembro de 2023).

    Inscricións:

    Ata o 30/09/2024

    O Ministerio de Traballo e Economía Social convoca axudas para a formación de persoas traballadoras ocupadas e desempregadas mediante a realización de accións de formación que, de acordo co seu perfil, destínense a impulsar ou mellorar a súa carreira profesional ou a súa empregabilidade, ou permitan adquirir novas competencias para a transformación dixital, verde e produtiva. Estás accións terán unha dotación de 600 euros para cursos dun importe igual ou superior.

  • Axudas ao estudantado da UDC con dificultades económicas

    Inscricións:

    Ata o 01/04/2024

    Axudas destinadas ao estudantado matriculado no curso 2023/24 na UDC co fin de contribuír a paliar as dificultades económicas que lle impidan continuar os estudos conducentes a obtención dun título universitario oficial de grao ou máster.

  • Tarxeta Xente Nova

    Inscricións:

    Ata o 31/12/2024

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2024.

  • Proxecto ICEX Vives de prácticas formativas no estranxeiro

    Inscricións:

    Dende o 01/01/2023

    ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    ICEX España Exportación e Investimentos pon o marcha o "Proxecto ICEX Vives", que ten como fin a realización de prácticas non laborais en empresas españolas no estranxeiro ou filiais destinadas a mozos entre 18 e 30 anos con titulación universitaria ou de formación profesional.

  • Convocatoria de bolsas mobilidade internacional de estudantes para prácticas

    Inscricións:

    Ata o 15/05/2024

    As persoas candidatas deberán completar as súas solicitudes un mes (30 días naturais) antes da data prevista para o inicio da mobilidade.

    A Univesidade da Coruña ten convocadas as bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas programa Erasmus + prácticas (SMT) Curso 2023/2024.

  • Bono de Alugueiro Social

    Inscricións:

    Ata o 30/11/2026

    ou ata o esgotamento da partida orzamentaria. 

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.

  • Subvencións para a compra de bicicletas

    Inscricións:

    Dende o 01/06/2023 ata o 15/11/2024

    ou ata cando se esgoten os fondos.

    A Conselllería de Infraestruturas e Mobilidade convoca unha liña de axudas dirixida a facilitar a adquisición de bicicletas de pedaleo asistido e bicicletas de man (híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas).

  • Axuda económica a través da tarxeta Benvida

    Inscricións:

    2 meses desde o día seguinte do nacemento ou se dite resolución de garda con fins adoptivos e de adopción. Se a persoa é emigrante retornada en 2023 e o nacemento é no 2023, o prazo será de 3 meses, desde o día seguinte ao  que conste na documentación que acredite a data de retorno. 

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca axudas económicas, a través da tarxeta Benvida, para familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2023. Esta tarxeta poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

  • Ingreso Mínimo Vital

    Inscricións:

    Dende o 15/06/2020

    O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións mantén aberto o prazo de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

resultados 40

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión