43 resultados
Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024
Dende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024
O prazo de inscrición será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h., para o alumnado matriculado en centros da Coruña e do 3 ao 8 de abril, ás 14.00 h., para os de fóra da cidade, persoas non matriculadas e adultos.
As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Dende o 03/04/2024 ata o 21/04/2024
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
20/04/2024
AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) oferta unha formación gratuíta na EGAP, en Santigao de Compostela, dirixida a docentes e con propostas didácticas para traballar contra o discurso do odio nas aulas.
Con Power BI, poderás realizar análise de datos exhaustivos de forma dinámica, intuitiva e atractiva a través de cadros de mando. A formación é en liña.
Python é unha linguaxe de alto nivel de programación, amplamente utilizado nas aplicacións web, o desenvolvemento de software, a ciencia de datos, o machine learning (ML) e a intelixencia artificial. A formación é en liña.
A Cruz Vermella pon en marcha distintas formacións durante o primeiro semestre de 2024.
Formación para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil: soldadura, camareiro/a de restaurante e bar e axudante de cociña.
Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024
A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de abril na aula CeMIT Eirís.
Dende o 08/05/2024 ata o 27/06/2024
Ata o 25/04/2024
A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.
até maio de 2024.
Aventeira propón ás entidades socio-educativas e de tempo libre, un proxecto de balde, subvencionado pola Deputación da Coruña, para axudar a dar forma ás súas lentes violetas e facilitar que coa súa intervención mude tamén o mirar das súas persoas usuarias. Todas elas están concibidas para desenvolverse a través dunha metodoloxía activa e participativa.
resultados 43
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible