981189889
Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): luns a venres, das 09.00 ás 14.00 e das 16.30 ás 18.30 h
Resto do ano: luns a venres, das 10.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 20.30 h
O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborais de ámbito local, autonómico e nacional.
Para a atención presencial na oficina débese solicitar cita previa a través do teléfono ou correo electrónico.
O Espazo Diverso é un recurso publico dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.
Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.
Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso.
Próximas actividades
O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o apoderamiento das persoas usuarias. As reunións son quincenais, para unirte contacta por teléfono ou por e-mail .
Gústache a lectura e compartir ideas con outras persoas?
Neste club descubrirás lecturas que falan do colectivo LGTBIQA+ e coas que reflexionar sobre a súa realidade.
Grupo de apoio para familias de persoas LGTBIQA+
O Grupo de Autoapoio para Familias de persoas LGTBIQA+ trátase dun espazo seguro de apoio e acompañamento. Unha ferramenta esencial para fomentar o apoio dentro das familias e o respecto ás diversidades sexuais e identidades de xénero presentes nos fogares
Taller "E ti… como te relacionas contigo?"
A sexoloxía ten como obxectivos principais coñecerse, aceptarse e aprender a relacionarse de maneira satisfactoria. Por iso, é fundamental promover un maior autocoñecemento, aceptación e auto-amor, para que así podamos vivir dunha maneira satisfactoria, que nos permita relacionarnos desde os coidados e o respecto mutuo.
Lucía Álvarez (psicóloga e sexóloga) e Sabela Maceira (educadora social e sexóloga) abordarán isto e moito máis neste obradoiro.
Taller Como gozar de relacións máis seguras?
Neste taller, Sonia Martínez (psicóloga e sexóloga) ensinaranos a vivir as relacións eróticas de forma máis segura, consciente e satisfactoria
Queres dar renda solta á túa creatividade e aprender a expresarte a través dos fanzines?
Neste obradoiro, con Alba Vázquez (educadora artística) coñeceremos brevemente a historia dos fanzines, abordaremos aqueles máis representativos ou que marcaron época en relación coas diversidades sexual e identidades de xénero. Tamén exploraremos a realidade diversa das persoas creadoras. Ademais, deseñaremos e elaboraremos os nosos propios fanzines.
Taller Coidarnos para coidar as nosas relacións
Neste taller, con Sonia Martínez (psicóloga e sexóloga), enfocarémonos en comprender os estilos de apego e como inflúen na nosa experiencia en parella. Abordaremos algúns conflitos frecuentes e proporcionaremos ferramentas para resolver dificultades e enriquecer a relación
Accesibilidade
Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/agarda e rampla de acceso adaptada/practicable.
Actividades
Equipamentos comúns
Espazos/Locais
Denominación e uso | Superficie e capacidade | Equipamento especifico | Accesibilidade | Reservable |
---|---|---|---|---|
Sala de usos múltiples Aula de usos múltiples |
63.42 m2 (24 persoas) |
|
Consultar | Si (*) |
Salón de actos Salón de actos de usos múltiples |
63.42 m2 (50 persoas) |
|
Consultar | Si (*) |
(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible