Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Fundación María José Jove

Enderezo:

Rúa Galileo Galilei (Edificio Work Center) 6. 15008 A Coruña

Teléfono:

(+34) 981 160 265

Fax:

(+34) 981 265 368

Páxina web:

http://www.fundacionmariajosejove.org

CIF/NIF:

G15870140

Servizos:

Talleres de pintura, cociña, inglés, gravado, e ciencia para nenos.

Visitas guiadas previa cita concertada.

Horario:

Inverno:

Luns a xoves de 09:00 h. a 18:00 h. e de 16:00 h. Venres de 09:00 a 14:30 h.

Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro):

Luns a xoves de 08:30 h. a 15:00 h. Venres de 09:00 a 15:00 h.

Desde a súa constitución en 2003, a Fundación María José Jove desenvolve a súa actividade no ámbito da infancia e a discapacidade a traves de catro grandes areas de traballo: Educación e Formación, Saúde, Lecer, Tempo Libre Responsable e Promoción Cultural.

INSTALACIÓNS

A sede consta de tres plantas:

  • Na planta baixa atópase o salón de actos con capacidade para 160 persoas, unha zona de aulas e espazos multiusos para impartir cursos.
  • A primeira planta alberga a área de administración e oficinas.
  • Na segunda planta ten sede a sala de exposicións onde se atopa a colección privada de Manuel Jove e a exposición permanente sobre pintura de arte galega e nacional do século XX.
  • Sala permanente de arte accesible, na súa primeira fase estará formada polas obras de 4 artistas do século XX (Darío Regoyos, Salvador Dalí, Ramón Casas e Carlos Alcolea). As súas obras, pertencentes á colección da Fundación, foron reproducidas cunha nova técnica que confire tridimensionalidad ás pinturas, permitindo que os cadros poidan ser explorados mediante o tacto, descubrindo as texturas e volumes das imaxes pintadas. A experiencia complétase escoitando simultaneamente a locución dunha audioguía, que vai dirixindo e explicando o percorrido táctil de cada obra.

DATOS DE INTERESE: A Fundación foi inaugurada o día 8 de maio de 2003. E a sala permanente de arte accesible o 1 de decembro de 2014.

PRESIDENTA: Felipa Jove Santos

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS ADAPTADAS

INVERNO 2013-2014: 1 de outubro de 2013 a 8 de xuño de 2014 (ambos inclusive)

Servizo de préstamo de bicicletas adaptadas a persoas con mobilidade reducida que queiran gozar do cicloturismo na cidade da Coruña.

Funcionamento do servizo:

  • Se os usuarios non teñen a autonomía suficiente para subirse á bicicleta, etc. deberán ir acompañados dunha persoa xa que a Fundación só realizará o préstamo da mesma pero non acompañará aos usuarios no seu percorrido pola cidade.
  • Non se admitirán reservas, cederanse as bicicletas que estean dispoñibles no momento da entrega.
  • Será necesario cubrir un formulario de inscrición.

Tarifa: depósito de 10 €, en concepto de fianza, no momento de entrega da bicicleta que será devolto na recollida da mesma sempre que se respenten os horarios, en caso contrario, non se realizará devolución algunha.

Inscrición:

Horarios de entrega e recollida:

  • Martes e xoves:
    15:30 h. (recollida) - 17:30 h. (entrega)
  • Mércores e venres:
    10:00 h. (recollida) - 12:00 h. (entrega)
    12:30 h. (recollida) - 15:00 h. (entrega)
    15:30 h. (recollida) - 17:30 h. (entrega)
  • Sábado e domingo:
    10:00 h. (entrega) - 12:00 h. (entrega)
    12:30 h. (entrega) - 15:00 h. (entrega)

Lugar de préstamo das bicicletas:

PROGRAMA ESFORZA VERÁN 2014

Registro municipal de asociaciones coruñesas:

Acción social

Datos no rexistro REMAC

Número de rexistro: 807

Data de alta: 26 de abril de 2021

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión