60 resultados
Ata o 19/05/2024
A Asociación Cultural Lonxa Literaria, en colaboración co Concello de Moaña, convoca o certame de relato curto "Microrrelatos da Ría"
Ata o 12/05/2024
A revista National Geographic e RBA Libros convocan a 5ª edición deste concurso para mozos de 14 a 25 anos, coa colaboración de Volvo e Fundación Ecomar, que leva por título "Querido mar..." e cuxo tema será a conservación dos océanos.
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
Ata o 15/05/2024
Organizada pola Asociación FICBUEU, a Residencia FICBUEU é un programa formativo para creadoras e creadores audiovisuais no que diferentes profesionais acompañarán e titorizarán proxectos de curtametraxe. O proxecto desenvolverase en outubro na Illa de Ons e estará enfocado a fortalecer propostas dende o guión.
Ata o 07/05/2024
Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, lanza a II edición de "Relato exprés", un concurso en Instagram de relatos curtos.
Ata o 30/09/2024
Co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade universitaria e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC convoca unha nova edición do Concurso literario Mazarelos.
Ata o 31/05/2024
O Concello de Rincón de la Victoria (Málaga) convoca o VII Certame de Relatos Curtos en homenaxe a Gloria Fortes.
Ata o 15/06/2024
O Concello de Parada de Sil e a Asociación Cultural "Ouro do Sil"convocan o XVII Concurso fotográfico "Rosa Pons Fábregas" co fin de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do Concello de Parada de Sil e tamén, co tema "Libre", espallar a arte da fotografía.
Ata o 08/07/2024
O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado.
Ata o 16/07/2024
A Fundación dos Ferrocarrís Españois, F.S.P. convoca a 43.ª edición dos Premios do Tren ‘Antonio Machado’ de Poesía e Conto, co fin de fomentar a creatividade literaria no ámbito do ferrocarril.
Ata o 24/05/2024
ata as 14.00 h.
A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración do Concello de Barbadás, convoca o XXVII Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.
resultados 60
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible