Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

10 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Microsoft Power Point e Software para Presentacións. Nivel básico

    Cando:

    Dende o 06/05/2024 ata o 16/06/2024

    A UNED Coruña organiza un curso de nocións básicas do funcionamento do software para presentacións, especialmente Microsoft PowerPoint. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

  • Introdución á Seguridade da Información

    Cando:

    A formación poderase realizar entre o 20/02/2024 e o 31/08/2024.

    Formación en liña e gratuíta da Fundación Telefónica.

  • Intelixencia Artificial e Dereito

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 13/05/2024

    A UNED organiza este curso no que se iniciará a acódelas asistentes na relación entre esta nova tecnoloxía e o mundo xurídico, especialmente desde o punto de vista da Filosofía Xurídica, pero sen deixar ao carón as súas implicacións no día a día xurídico e a súa regulación a nivel nacional, comunitario e internacional. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

  • Cursos para persoas desempregadas Adams Abril 2024

    Adams impartirá ao longo do mes de abril cursos de diversos ámbitos formativos.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Análise de Datos con PowerBI

    Cando:

    • Primeira edición: Do 26/4/2024 ao 21/6/2024. Data límite de inscrición: 22/4/2024.
    • Segunda edición: Do 27/9/2024 ao 13/12/2024. Data límite de inscrición: 23/9/2024.

    Con Power BI, poderás realizar análise de datos exhaustivos de forma dinámica, intuitiva e atractiva a través de cadros de mando. A formación é en liña.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Desenvolvo Web en Python

    Cando:

    • Primeira edición: Do 09/4/2024 ao 31/05/2024. Data límite de inscrición: 04/4/2024.
    • Segunda edición: Do 02/10/2024 ao 30/11/2024 Data límite de inscrición: 30/9/2024.

    Python é unha linguaxe de alto nivel de programación, amplamente utilizado nas aplicacións web, o desenvolvemento de software, a ciencia de datos, o machine learning (ML) e a intelixencia artificial. A formación é en liña.

  • Cursos Aula CeMIT - Abril

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de abril na aula CeMIT Eirís.

  • Cursos TIC en liña e gratuítos - Cluster Tic Galicia

    A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster TIC Galicia poñen en marcha unha nova edición deste programa para a realización de accións formativas destinadas a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia, para dar resposta ás necesidades actuais do mercado.

  • Programa de Bolsas Google Fundae

    Formación gratuíta para obter os certificados profesionais de Google Soporte de tecnoloxías de información, Análise de datos, Xestión de proxectos, IT automation with Python, Márketing dixital e comercio electrónico e Ciberseguridad.

  • Programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia 2023/2024

    Inscricións:

    cada curso ten o seu propio prazo de inscrición.

    Formación para persoas desempregadas e traballadoras, tanto na modalide en liña como presencial do CNTG.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión