Concello da Coruña

Concello da Coruña

Danza da choiva

de Elefante Elegante - Galicia

A quen vai dirixido?:

Idade recomendada + 3 anos

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

24/03/2018

Xa rematou

Horario:

18:30 h

- Pídese puntualidade. NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ QUE COMECE A FUNCIÓN

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6,00 euros

Abono 3: (3 entradas para a mesma función) 15,00 euros.

Menores de 3 anos: 2,00 euros

- Todas aquelas persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 18 42 93 (Fórum Metropolitano)

Que acontecería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre. Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques.

A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual. Os seus efectos cómicos, plásticos e oníricos advirten e divirten o público familiar e infantil a partir dos 3 anos.

A linguaxe xestual e visual que desenvolvemos no Elefante Elegante conduce a dramaturxia sen necesidade dun texto articulador. A nosa é unha dramaturxia que procura a emoción a través da poesía durante o espectáculo e a posterior reflexión, nun marco aberto e non moralista onde cada espectador chega ás súas conclusións sen que as súas opinións sexan colonizadas.

Autores e intérpretes: María Torres e Gonzalo Guerreiro

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión