Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oopart- historia dun contratempo

"Sen dúbida, a forza acompáñaos. E non hai nin un só lado escuro no seu espectáculo"

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/11/2017

Xa rematou

Horario:

20.00 h

(Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala).

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

9'00 € (carné xove, +65 persoas, persoas desempregadas, 8'00 €) (menores de 3 anos: 2'00 €) (Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 21'00 €)

Televenda:

Ticketea

Se son bos nos saltos e serpenteos, non o son menos nos chistes visuais espigados do catálogo de Chaplin, de Keaton e dos grandes clowns...

Esa forza que é todo brío, todo paixón polo circo feito teatro ou o teatro feito circo, polos mutis incontables tras a nave, polo guión ben construído, a música todo suxestión galáctica e o vestiario tan adecuado como idóneo para tanto salto.

Teatro e circo camiñan ao unísono, corpo e mente saltan con tanto brío como elegancia, nenos e maiores rin por igual desde a sala e aplauden, a cal con máis forza.."

O xentío agarda expectante para ver a sorpresa que lle deparará o dispositivo mecánico-temporal situado ante os seus ollos.

Nada é o que parece nesta aventura a través do tempo.

Unha peculiar tripulación recentemente chegada dunha viaxe a través do tempo, aterra ante os nosos ollos e preséntanos a grande oportunidade de facer viaxes no tempo, iso si, por un módico prezo. Para iso farán gala dos seus mellores reclamos e os seus asombrosos números circenses. Pero hoxe non é un día calquera na súa rutina como vendedores ambulantes.

Manipular o tempo ás veces ten as súas consecuencias

Autor: Antonio J. Gómez e Cía Tresperté

Dirección e creación: Antonio J. Gómez

Música orixinal: Iván Monje

Escenografía: Carlos Monzón e En Ascuas Forja

Vestiario: Laura León

Intérpretes: Carmine Piccolo, Luís Ayuso, Claudia Ortiz e Paco Caravaca

Deseño de iluminación: Almudena Oneto

Venda de entradas

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Ágora: días de función desde 1 h antes (só se quedan localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión