Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: Frank Báez e Lois Pérez

Este encontro, presentado e conducido pola fundadora e responsable de POETAS DI(N)VERSOS –a tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño– unirá dúas obras poéticas cheas de paixón e rabia, cheas de coraxosos ecos musicais dende o rock’n’roll ata o punk pasando polos ritmos caribeños, cheas de modernidade e ata de sentido do humor. Serán os versos de Lois Pérez e Frank Báez, dous homes nados no mesmo ano de finais dos 70 en Lugo e na República Dominicana.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/03/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

Documentos:

Dossier Lois Pérez e Frank Báez (782 KB)

Afeitos os dous a mesturar no seu traballo elementos da música, o cómic clásico ou a oralidade, os seus traballos insírense nunha contemporaneidade repleta de referencias culturais populares, lonxe das torres de marfil. Coloquiais, irónicos e ben próximos soan os poemas destes dous autores con pouca pose de poetas. Eles lerán os seus propios poemas nun acto dunha hora de duración, a partir das 20:30h.

O lugués Lois Pérez está de actualidade literaria pola aínda recente e exitosa publicación en Xerais do seu primeiro poemario individual como tal: Long Play, que logo dunha xira de presentacións por toda Galicia, vai xa pola segunda edición. Ademais de poeta, Pérez é ou foi soldador, xogador profesional na selección nacional de fútbol sala, mestre do ensino público, locutor de radio, columnista, teatreiro e contador de historias.

Frank Báez (Santo Domingo, 1978) está considerado un dos máis renovadores e interesantes autores de Centroamérica, ten tres libros de poesía publicados e dous máis, en tradución ao inglés e ao árabe, en Estados Unidos e en Exipto. Publicou tamén crónica e mais a colección de contos Págales tú a los psicoanalistas. Traballa como editor de revistas culturais e fundou o proxecto de spoken Word El Hombrecito.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión