Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón
Público: 6- 12 anos
Familias, Infancia
Os días 06/07/2019 á 01:00 , 13/07/2019, 17/07/2019, 03/08/2019, 10/08/2019, 17/08/2019
Xa rematou
Inscrición previa por orde de reserva ata completar as prazas: 981 189 850 (de 10:00 a 20:00 h)
Apertura do prazo de inscrición: mércores 26 de xuño
12:00 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
gratuítos logo da previa inscrición
1.1. Sábado 6 de xullo: OBXECTOS ORNAMENTAIS NA PREHISTORIA
Entraremos en contacto co modo de vida da prehistoria e coñeceremos os seus obxectos ornamentais e os seus característicos enxovais. A continuación realizaremos diferentes abelorios empregando as técnicas e materias utilizadas neste período.
1.2. Sábado 13 de xullo: ESCRITURA ROMANA
Nesta actividade descubriremos a evolución da escritura desde as pinturas rupestres ata o noso actual alfabeto, herdado do pobo romano. Coñeceremos os distintos tipos de letras, soportes, tintas e utensilios empregados na escritura polo pobo romano, así como algunhas nocións básicas do latín, para logo poñelas en práctica.
1.3. Sábado 27 de xullo: TOUCADOS MEDIEVAIS
As nenas e os nenos coñecerán a colección de arte medieval exposta no patio do museo, na que verán cabaleiros con armadura, monxes con hábitos, ou damas con vestidos e peiteados de rolo, para logo elaborar con teas un toucado ao estilo medieval.
1.4. Sábado 03 de agosto: CERÁMICA CASTREXA
Despois dunha visita ás salas da Idade do Ferro para coñecer a evolución da cerámica castrexa, experimentarán coas súas propias mans elaborando unha peza de barro coas técnicas de fabricación e os motivos decorativos característicos desta cerámica.
1.5. Sábado 10 de agosto: MOSAICOS ROMANOS
Coñeceremos a técnica musivaria e tras ver varios exemplos nas salas do museo, as e os participantes no taller farán un mosaico xeométrico empregando os patróns e as teselas que se lles proporcionarán.
1.6. Sábado 17 de agosto: OS TORQUES CASTREXOS
Descubriremos os diferentes exemplos de xoias castrexas expostas no museo e elaboraremos o noso propio torques, coñecendo os diferentes tipos, materiais, técnicas e funcións destas destacadas pezas de ourivaría.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible