Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Competencias do Concello nos colexios públicos:
- Vixilancia (conserxe)
- Climatización (calefacción)
- Mantemento, conservación do edificio e limpeza
Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):
- Profesorado
- Infraestruturas e obras
Niveis educativos:
- Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos)
- Educación primaria (6-12 anos)
Aulas de informática:
- Aula de Informática da Xunta
Centro adherido ao programa Abalar: www.edu.xunta.es/espazoAbalar
Actividades extraescolares:
- Servizo de comedor:
- Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.
- Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria
- Horario: luns a venres de 14:00 h a 16:00 h
- Inscrición: na APA do centro
- Titularidade: APA do centro
- Luditarde:
- Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática.
- Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria
- Horario: luns a venres de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño
- Inscrición: na APA do centro. Do 9 ao 10 de setembro, con opción a comezar o 15 de setembro ou o 1 de outubro. Do 9 ao 17 de setembro, para comezar o 1 de outubro. Antes do 22 de cada mes, para comezar ao mes seguinte.
- Titularidade: Servizo Municipal de Educación
- Ludiáxiles:
- Descrición: actividades culturais e deportivas. Culturais: de temática relacionada coa cidade e medioambiental mediante actividades de fotografía y vídeo dixitais, graffiti, música, teatro e baile. Deportivas: baloncesto, balonmán, deportes a patín, floorball (hóckey), fútbol sala e softball (béisbol e tenis).
- Persoas destinatarias: alumnado de quinto e sexto de educación primaria
- Horario: dous días por semana de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño
- Inscrición: na APA do centro
- Titularidade: Servizo Municipal de Educación