Proxectos educativos da Escola Infantil Municipal Luis Seoane.
Aprendendo con maiores
Mediante este proxecto, pretendemos promover e facilitar as relacións interpersoais entre os maiores e os/as nenos/as.
Dámoslles aos nosos maiores a oportunidade de participar e contribuír coa súa experiencia na realización de actividades en beneficio para os nenos e nenas.
En movemento
Desenvólvese na aula de bebés, enfocado á estimulación sensoriomotriz, con xogos, música, relaxación, ...respectando o proceso madurativo de cada bebé.
Arte na vida
Desenvólvese nas aulas de 1 ano, percorrendo todas as áreas a través da arte, tanto da arte plástica como da musical... xa que en todas as cousas da vida hai arte.
Pequenos exploradores
Desenvólvense nas aulas de 2 anos a través da investigación e exploración da contorna e percorrendo tamén todas as áreas coa contribución das familias, tratando de que a aprendizaxe sexa sempre divertido e sinxelo.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible