Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de marzo de 2024

Participantes do programa de emprego realizaron unha andaina coa empresa Cascarilleiros

O itinerario englobou a Cidade Vella da Coruña e a realización da ruta orixinal do Camiño de Santiago Inglés.

Bloque 1

A actividade comezou ás 08.00 h da mañá na Cidade Vella e fíxose un percorrido que tivo unha duración aproximada de dúas horas e media.

Comezando na Porta da Cruz, á beira do actual Hotel Finisterre e finalizando o percorrido na Igrexa de Santiago, non sen antes pasar polas rúas máis emblemáticas da cidade e os monumentos que se traballan desde o programa de emprego, por exemplo, Santa María do Campo ou o exconvento de San Francisco.

A visita contou ademais cun discurso histórico que se mesturou con lendas populares sobre as rúas e os edificios históricos. A ruta orixinal da empresa finaliza na estatua de John Lennon, nos Xardíns de Méndez Núñez.

Bloque 2

Neste caso, a ruta continuou en dirección ao Burgo, comezando a andaina na estatua de John Lennon para finalizar tras catro horas na Igrexa de Santiago do Burgo. Isto corresponde con parte da primeira etapa do Camiño Inglés.

O camiño pasou por diante da fábrica de Tabacos, do porto, a praia de Oza e o lazareto que había nese momento, subiu polo Hospital Teresa Herrera ou Materno para xa encamiñarse cara ao paseo do Burgo e chegar ao momento final: a Igrexa de Santiago do Burgo. A primeira etapa do Camiño continua ata Bruma, porén, os alumnos-traballadores só chegaron ata a Igrexa do Burgo.

A persoa responsable de acompañar os participantes durante a xornada foi Aida Aguiar, fundadora de Cascarilleiros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión