Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

201 resultados

  • Concurso de Poesía "Anduriña Voandeira"

    Inscricións:

    Ata o 15/05/2024

    A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XX Concurso de Poesía "Anduriña Voandeira".

  • XVIII Concurso de fotografía sobre Galicia e Euskadi

    Inscricións:

    Ata o 15/05/2024

    A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca unha nova edición do seu concurso de fotografía.

  • Bolsas e axudas para o curso 2024-2025 da Fundación Ábaco

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2024

    A Fundación Ábaco convoca axudas reintegrables ao estudo para alumnos que durante o curso académico 2024/2025 realicen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional.

  • Ciclo de literatura "Somos o que lemos"

    Cando:

    08/05/2024

    O ciclo de literatura "Somos o que lemos" da Fundación Luis Seoane é unha proposta coordinada por Javier Pintor que achega ao público a actualidade do panorama literario convidando aos seus protagonistas a participar nunha serie de presentacións de acceso libre que buscan establecer unha conexión entre autoras/es e lectores/as. Este mes Emilio González Ferrín falará do seu libro "¿Qué es el islam?".

  • Bolsa de emprego de arquitectas técnicas e arquitectos técnicos do Concello de Porto do Son

    Inscricións:

    Ata o 08/05/2024

    Proceso selectivo, mediante o procedemento de concurso-oposición, para a formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino (grupo A, subgrupo A2): Arquitecto Técnico ou Arquitecta Técnica.

  • 10 bolsas María Teo de formación no Instituto das Mulleres

    Inscricións:

    Ata o 22/05/2024

    O Ministerio de Igualdade convoca bolsas no Instituto das Mulleres para contribuír á formación en materias dirixidas a fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; a participación das mulleres na vida política, social, cultural e económica; e a eliminación de toda clase de discriminación por razón de sexo.

  • Certame literario Antón Tovar

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    O Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos) convoca o Certame Literario "Antón Tovar" en prosa e verso, con motivo do 20º cabodano do pasamento do poeta limiao.

  • Certame de Microrrelatos Día do Libro 2024

    Inscricións:

    Ata o 31/05/2024

    O Concello de Vilalba, coa colaboración de Culturalia GZ, convoca o VI Certame de Microrrelatos polo Día do Libro 2024.

  • Curso en liña de Lingua de Signos Española

    Cando:

    Dende o 10/06/2024 ata o 11/07/2024

    Inscricións:

    Ata o 03/06/2024

    A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza un curso de Lingua de Signos Española en liña de nivel A1.1.

  • Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2024-2025

    O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2024-2025 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.

resultados 201

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión