Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024

Horario:

  • Martes a venres: de 10.00 a 17.00 h.
  • Sábados: de 11.00 a 19.00 h.
  • Domingos e festivos: de 11.00 a 15.00 h.

Pechado: todos os luns.

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña

tel.: 689 578 727

e-correo: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

twitter.com/muncyt

Documentos:

Axenda maio.pdf (937 KB)

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Cada 18 de maio ten lugar o DIM, unha data especial para a comunidade museística ao redor da que se organizan multitude de actividades, ao que se suma o museo con actividades especiais ao longo do mes. O tema de 2024 é "Museos pola educación e a investigación", destacando o papel das institucións culturais para proporcionar unha experiencia educativa holística.

CHARLA: O CEREBRO E O LABIRINTO DO ALCOHOL

Xoves 23 ás 19.00 h. Público xeral. Entrada libre ata completar capacidade.

Santiago Canals, Profesor de Investigación do CSIC e líder do Laboratorio de Plasticidade das Redes Neuronais no Instituto de Neurociencias de Alacante, presentará as alteracións que se producen no noso cerebro como consecuencia do consumo crónico de alcohol como a resposta inflamatoria na substancia gris e os factores que poden contribuír de forma directa ao proceso da adicción. Explicará como mellorar a substancia branca logra unha recuperación e redución das recaídas. Ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro".

TEATRO: RECONSTRUCIÓN: UNHA HISTORIA DE INSEGURIDADE

Sábado 25 ás 19.00 h. Público xeral (idade recomendada, a partir de 12 anos). Reserva previa.

Nesta obra de teatro científico creada polo Instituto de Ciencia e Teatro (INCITE), a neurociencia bríndanos as pautas para aprender a xestionar a incerteza e transcender os cambios que irrompen nas nosas vidas. Canto máis flexibles, maior capacidade teremos de adaptarnos á contorna, de persistir ante as ameazas e de superar os cambios de forma creativa para vivir unha existencia máis libre.

MÚSICA: CONCERTO "A PROXECCIÓN SONORA III"

Domingo 26 ás 19.00 h. Público xeral. Reserva previa.

Posta en escena do proxecto destinado a achegar a música contemporánea e experimental a persoas con discapacidade auditiva. Esta edición, dedicada ao compositor Luigi Nono para conmemorar o centenario do seu nacemento, partirá da súa obra "A fabbrica illuminata" e poñerase en escena por medio da expresión e percusión corporais, voz e sons de obxectos que poderían utilizarse nunha fábrica. Dirixido polo músico Wilson Ortega e a actriz Chus Álvarez.

XORNADA: "DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLA SAÚDE DA MULLER"

Sábado 25 de 10.00-15.00 h. Público xeral. Reserva previa.

A asociación "A ciencia é feminina" organiza esta actividade na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología entre outras, farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. A conmemoración terá lugar cada 28 de maio con campañas sobre a saúde das mulleres, para reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha.

EXPOSICIÓNS. Os LABIRINTOS DO CEREBRO

Os labirintos sempre fascinaron e cativaron á humanidade: desde os seus inicios como protagonistas de lendas, mitos, como símbolo relixioso, como elemento ornamental e divertimento para as clases nobres ou como reto matemático. A partir do S. XX pasan a ser un pasatempo popular e a usarse como ferramenta para o estudo do funcionamento do cerebro, empregándose actualmente para a investigación en neurociencia, ou para o diagnóstico de trastornos mentais ou como terapia para o seu tratamento e rehabilitación. Esta mostra temporal afonda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro aproveitando o atractivo e a interactividade dos labirintos para presentar, dun modo práctico, accesible e ameno, unha disciplina tan apegada a nosa propia existencia. Mostra comisariada por Francisco Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia. Data de fin: Dom, 30/06/2024.

FINS DE SEMANA NO MUSEO

Este mes, as actividades tratarán sobre temas relacionados con días internacionais coma o dos traballadores, as telecomunicacións, a luz ou o dedicado a "Star Wars", icona da ciencia ficción. Reserva previa ou en despacho de billetes. Consultar detalles na web do museo.

  • TALLERES INFANTÍS;
    • - Obradoiro Día Star Wars. Sábado 4 ás 17.00 h. Público infantil (a partir de 8 anos). No seu día mundial, achegarán os participantes á saga da Guerra das Galaxias e á ciencia tras a ficción. Veredes como de cientificamente posibles son as explosións ou o son no espazo, o uso de armas láser... construiredes o voso propio Cristal Kyber coma o dos cabaleiros Jedi e os Sith dentro da súa arma láser a través dun circuíto eléctrico. Tamén se explicará como se fabrica un robot desde cero na casa con robots de Project Droid, e veremos os circuítos e pezas de R2-D2.
    • - Tecnoloxía en familia "Transmisor de mensaxes en sistema binario". Sábado 11 ás 12.00 h. (90 min.). Público familiar (8 a 12 anos). Conexionado sobre unha placa de prototipos dun transmisor de mensaxes por Internet que, unha vez elaborado, enviará palabras a un servidor remoto cos pulsadores e un Arduino conectado a un router reciclado. Explicarase o funcionamento básico da Internet, as telecomunicacións etc. Nota: non se inclúe a cesión do material. Cada menor acompañado dun adulto.
    • - Obradoiros infantís. Sábados e domingos ás 11.15 h. Público infantil (6-12 anos). Detalles e calendario na web do museo. Talleres nos que experimentar e aprender de maneira divertida.
  • XINCANAS FAMILIARES. Sábados, domingos e festivos ás 13.15 e 18.00 h., segundo horario de apertura. Público familiar (6-12 anos). Xogos temáticos nos que os participantes deberán seguir pistas ao redor da información e curiosidades relacionadas coas pezas do museo.
  • CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES. Sábados, domingos e festivos ás 12.30 ou 17.00 h., segundo horario de apertura. Público xeral e familiar (idade recomendada, a partir de 6 anos). Visita na que coñecer os enxeñosos inventos e descubrimentos que expón o museo. A visita familiar conta con actividades participativas.
  • XOGO DE ESCAPE. Sábados ás 16.00 h e domingos ás 11.15 h. Público familiar (6-12 anos). A sala Maiúsculas encherase de retos, cos que resolveredes en equipo un enigma para poder atopar a chave e saír do museo.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión