Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Concurso internacional de deseño "James Dyson Award 2024"
James Dyson Award 2024, o concurso anual de deseño para estudantes organizado pola Fundación James Dyson. Desde 2005, o James Dyson Award desafiou a estudantes universitarios e recentemente graduadas en deseño e enxeñería a ‘deseñar algo que resolva un problema’. Cun propósito amplo e aberto, rétase ás e os estudantes a que se enfronten a grandes problemas e acheguen as súas posibles solucións.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 17/07/2024
Requisitos:
O James Dyson Award está aberto ás e os estudantes universitarios de enxeñería, deseño de produto e deseño industrial, e aqueles que se haxan graduado nalgunha destas materias no últimos catro anos.
Se non queres traballar soa/ou, ou se estudaches outra cosa pero tes unha idea brillante que desexas compartir, podes participar como parte dun equipo. A/o líder do teu equipo debe estudar ou estudar unha das carreiras mencionadas previanente, e todos os membros do equipo deben estar (ou estar no últimos catro anos) matriculados/as polo menos durante un semestre nun programa de grao ou posgrao.
O CONTIDO: deseña e soluciona problemas.
Para participar, deberás rexistrarche e achegar o xustificante que verifique que es estudante ou que che has graduado recentemente nun dos graos válidos. Unha vez rexistrada/ou, deberás completar o formulario en liña e seguir as instrucións. Debes incluír:
O que fai o teu invento
En que ou onde che insporaste
Como funciona
Como desenvolviches o deseño
O que o distingue
¿Que plans de futuro ten?
Remuneración / Custo:
As persoas gañadoras nacionais reciben 5.700€ para seguir coas súas investigacións.
Gañadoras mundiais, ata 34.000€ para destinar á seguinte fase de desenvolvemento do seu invento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible