Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

32 resultados

  • Obradoiro Creación Literaria e Natureza

    Cando:

    Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024

    O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora e no Monumento Natural Costa de Dexo, un obradoiro que pretende que as persoas participantes adquiran as ferramentas básicas necesarias para un achegamento literario creativo á natureza.

  • Espazo Diverso: programación maio

    Cando:

    Dende o 08/05/2024 ata o 28/05/2024

    O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante este mes de maio.

  • Obradoiro "A posta en escea da comunicación"

    Cando:

    22/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024

    A Biblioteca Pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro de teatro con diferentes propostas prácticas, derivadas das técnicas de comunicación e actorais dirixidas a mellorar a súa capacidade para a oratoria e de proxectarse cara os demais.

  • Curso de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria

    Cando:

    25/05/2024

    Inscricións:

    Ata o 22/05/2024

    O Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña organiza un curso para obter os coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos

  • Curso en liña de Lingua de Signos Española

    Cando:

    Dende o 10/06/2024 ata o 11/07/2024

    Inscricións:

    Ata o 03/06/2024

    A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza un curso de Lingua de Signos Española en liña de nivel A1.1.

  • Nexus Event ODS: ODS8 - Talleres Retorno Educativo

    Inscricións:

    A matrícula pecharase ás 09.00 h do día de comezo da actividade.

    UNED A Coruña pon en marcha Nexus Event ODS, un proxecto de networking diferente, sostible e adaptado ás novas demandas globais expostas pola evolución social, económica e ambiental do planeta. Dentro do "ODS 8: Traballo decente e crecemento económico", organizan "Talleres de retorno educativo", unha iniciativa transformadora que non só aborda os desafíos educativos actuais, senón que tamén promove valores de inclusión, equidade e participación, un retorno de coñecemento da comunidade e para a comunidade universitaria. Os obradoiros son gratuítos e poderán seguirse de maneira presencial e en liña en directo ou en diferido.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

  • Cursos Online Lingua de Signos Española

    Cando:

    Dende o 01/08/2024 ata o 02/09/2024

    Inscricións:

    Ata o 03/06/2024

    A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza un curso de Lingua de Signos Española en liña para menores de 12 a 15 anos, do niveis A1.1 e A1.2.

  • Cursos para persoas desempregadas Adams - Maio 2024

    Adams impartirá ao longo do mes de maio cursos de diversos ámbitos formativos, destinados a persoas desempregadas.

  • Itinerarios para o emprego - Fundación Mujeres

    Nestas formacións presenciais no Concello de A Coruña, abordarán aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuítos, entre outros.

resultados 32

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión