Aventeira organiza unha ruta de loitas sociais, políticas e históricas fronte aos discursos de odio e busca persoas mozas, de entre 18 e 29 anos, interesadas en percorrer no mes de agosto localizacións de Galicia, Castela e León e Asturias onde loitas populares presentes ou pasadas contribuíron (ou contribúen) a desmontar discursos de odio e procurar un mundo máis xusto para tódalas persoas e para o medio ambiente.
Para público en xeral
Dende o 17/08/2024 ata o 26/08/2024
Ata o 03/06/2024
De balde.
Estará cuberta a manutención, así como as visitas e actividades de lecer, o transporte en autobús dun espazo a outro e a pernocta nos diferentes lugares.
Ter entre 18 e 29 anos.
É precisa facer inscrición previa.
A actividade está dirixida a persoas mozas de entre 18 e 29 anos que realizan algún tipo de activismo ou que pertenzan ou colaboren con algunha organización, movemento ou colectivo.
Nos criterios de selección, teranse en conta a pertenza a colectivos e a orde de inscrición, así como a diversidade territorial e de xénero.
Dende o 24/05/2024
ata 3 días antes do inicio do campo.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible