Denominación | Requisitos | Datas | Prezo / Dotación | Información |
---|---|---|---|---|
Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña | Data: Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024 | gratis | DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS Cada 18 de maio ten lugar o DIM, unha data especial para a comunidade museística ao redor da que se organizan multitude de actividades, ao que se suma o museo con actividades especiais ao longo do mes. O tema de 2024 é "Museos pola educación e a investigación", destacando o papel das institucións culturais para proporcionar unha experiencia educativa holística. CHARLA: O CEREBRO E O LABIRINTO DO ALCOHOL Xoves 23 ás 19.00 h. Público xeral. Entrada libre ata completar capacidade. Santiago Canals, Profesor de Investigación do CSIC e líder do Laboratorio de Plasticidade das Redes Neuronais no Instituto de Neurociencias de Alacante, presentará as alteracións que se producen no noso cerebro como consecuencia do consumo crónico de alcohol como a resposta inflamatoria na substancia gris e os factores que poden contribuír de forma directa ao proceso da adicción. Explicará como mellorar a substancia branca logra unha recuperación e redución das recaídas. Ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro". TEATRO: RECONSTRUCIÓN: UNHA HISTORIA DE INSEGURIDADE Sábado 25 ás 19.00 h. Público xeral (idade recomendada, a partir de 12 anos). Reserva previa. Nesta obra de teatro científico creada polo Instituto de Ciencia e Teatro (INCITE), a neurociencia bríndanos as pautas para aprender a xestionar a incerteza e transcender os cambios que irrompen nas nosas vidas. Canto máis flexibles, maior capacidade teremos de adaptarnos á contorna, de persistir ante as ameazas e de superar os cambios de forma creativa para vivir unha existencia máis libre. MÚSICA: CONCERTO "A PROXECCIÓN SONORA III" Domingo 26 ás 19.00 h. Público xeral. Reserva previa. Posta en escena do proxecto destinado a achegar a música contemporánea e experimental a persoas con discapacidade auditiva. Esta edición, dedicada ao compositor Luigi Nono para conmemorar o centenario do seu nacemento, partirá da súa obra "A fabbrica illuminata" e poñerase en escena por medio da expresión e percusión corporais, voz e sons de obxectos que poderían utilizarse nunha fábrica. Dirixido polo músico Wilson Ortega e a actriz Chus Álvarez. XORNADA: "DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLA SAÚDE DA MULLER" Sábado 25 de 10.00-15.00 h. Público xeral. Reserva previa. A asociación "A ciencia é feminina" organiza esta actividade na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología entre outras, farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. A conmemoración terá lugar cada 28 de maio con campañas sobre a saúde das mulleres, para reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha. EXPOSICIÓNS. Os LABIRINTOS DO CEREBRO Os labirintos sempre fascinaron e cativaron á humanidade: desde os seus inicios como protagonistas de lendas, mitos, como símbolo relixioso, como elemento ornamental e divertimento para as clases nobres ou como reto matemático. A partir do S. XX pasan a ser un pasatempo popular e a usarse como ferramenta para o estudo do funcionamento do cerebro, empregándose actualmente para a investigación en neurociencia, ou para o diagnóstico de trastornos mentais ou como terapia para o seu tratamento e rehabilitación. Esta mostra temporal afonda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro aproveitando o atractivo e a interactividade dos labirintos para presentar, dun modo práctico, accesible e ameno, unha disciplina tan apegada a nosa propia existencia. Mostra comisariada por Francisco Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia. Data de fin: Dom, 30/06/2024. FINS DE SEMANA NO MUSEO Este mes, as actividades tratarán sobre temas relacionados con días internacionais coma o dos traballadores, as telecomunicacións, a luz ou o dedicado a "Star Wars", icona da ciencia ficción. Reserva previa ou en despacho de billetes. Consultar detalles na web do museo.
Contacto:MUNCYT Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña tel.: 689 578 727 e-correo: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es | |
Sala Mardi Gras: maio | Data: Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024 |
Contacto:Sala Mardi Gras Travesía da Torre, 8 (15002 - A Coruña) Tel.: 677 42 81 50 correo-e: salamardigras@gmail.com | ||
Jazz Filloa: maio | Data: Dende o 02/05/2024 ata o 31/05/2024 | 10 €/pase (agás: Charo Quicler Group: 12 €/pase ; Jeff Williams: 15€/pase; e concerto+jam CSMUS: 5€/pase) |
Contacto:Jazz Filloa R/ Cega, s/n (15003 - A Coruña) correo-e: jazzfilloa@jazzfilloa.com (reserva de entradas) | |
TRA@ZOS ( Trazos y trozos de vida ) | Data: Dende o 03/05/2024 ata o 28/05/2024 | Gratis. | A inauguración será o venres, 3 de maio ás 20h. Contacto:Sala de Exposicións ARGA Rúa Costa Rica nº1 - baixo 15004 - A Coruña Tel: 698 146 278 E-correo: arga@arga.es | |
Programación Sala Fernando Rey, maio 2024 | Data: Dende o 02/05/2024 ata o 01/06/2024 |
Venda de entradas:
|
Contacto:Cines Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo electrónico: forummetropolitano@coruna.gal | |
Programación Sala Marilyn Monroe, maio 2024 | Data: Dende o 03/05/2024 ata o 01/06/2024 |
Venda de entradas:
|
Contacto:Cines Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo electrónico: forummetropolitano@coruna.gal | |
AgoraSón Primavera 2024 | Data: 10/05/2024 | gratuíto con convite* *os convites (sen numerar e un máximo 2 por socia/o) repartiranse nas Bibliotecas Municipais da Coruña co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs, etc.), dende o venres 3 de maio no horario de apertura de cada biblioteca. | LUGAR: Auditorio do Centro Ágora Contacto:- Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña Tel.: 981 189 888 correo: lingua@coruna.gal - Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña | |
Actividades de maio nas Naves do Metrosidero |
|
Data: Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024 Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade | ACTIVIDADES:
Música e silencio: Mural homenaxe a Luísa Villalta
Contacto:Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal Teléfono/WhatsApp: 621.183.095 | |
Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas |
| Data: Data de inscriciónDende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024 |
A cota inclúe: gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos e un seguro de accidentes e responsabilidade civil. | Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. Contacto:Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Complexo administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15707 Santiago de Compostela Tel. 981 957 115 - 881 999 314 Na Coruña: Servizo de Xuventude e Voluntariado Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241 |
VII Festival RESIS | Data: Dende o 03/05/2024 ata o 09/06/2024 | gratuíta, con retirada previa de invitacion en https://entradas.ataquilla.com ou na praza de Ourense | PROGRAMA:
Consultar programa completo en https://resisfestival.com/é/programa-2024-2. Contacto:Resis Festival Tel.: 676 388 633 correo-e: gestion@resisfestival.com - resisfestival@gmail.com | |
Ciclo Biblioteca Verde: Naturaliza o teu barrio | Data: Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024 | acceso libre ata completar capacidade | PROGRAMA:
Contacto:Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña | |
Bautismo de escalada |
| Data: 04/05/2024 | De balde. | Contacto:AMI Rúa Padre Sarmiento nº8 15005 - A Coruña Tel: 667 967 227 E-correo: info@amimontanismo.es |
Concerto das Letras Galegas 2024 | Data: 16/05/2024 | entrada libre ata completar capacidade | LUGAR: Teatro Colón Contacto:Consello da Cultura Galega Tel.: 981 957 210 - 981 957 209 correo-e: actividades @consellodacultura.gal | |
A táctica do colibrí | Data: Dende o 25/04/2024 ata o 13/10/2024 | De balde. | Contacto:Fundación Luis Seoane San Francisco nº 27 15001- A Coruña Tel: 981 216 015 E-correo: info@fundacionluisseoane.gal | |
Xornada "Desinformación e Fake News: Unha Ameaza para a Democracia?" | Inscripción previa en https://udcxest.udc.gal | Data: 10/05/2024Data de inscrición Ata o 09/05/2024 | gratuito | A desinformación é un reto para a nosa sociedade, unha sociedade cada vez mais conectada pero ao mesmo tempo afogada nun océano de información onde convive a información rigurosa e contrastada xunto con bulos e incluso con información fabricada a través de ferramentas de intelixencia artificial, o que dificulta a formación dunha opinión pública libre ao carecer de datos obxectivos e veraces nos que sustentala. Por iso resulta importante abordar esta materia dende o mundo académico, visibilizando e analizando as súas implicacións e riscos dende un enfoque multidisciplinar e fomentando a análise crítica por parte da cidadanía, que favoreza a toma de conciencia da necesidade de contrastar máis que nunca a información ao noso alcance para poder seguir tomando nosas decisións de manera libre e informada. LUGAR: salón de graos da Facultade de Dereito Contacto:Facultad de Dereito da UDC Campus de Elviña (15071 - A Coruña) Tel.: 881 011 516 |
"As galas do defunto ... e outros esperpentos" | Data: 11/05/2024 | 5,00 € Venda de entradas:
| Contacto:Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel.: 981 184 293 correo-e: forummetropolitano@coruna.es | |
XXIII Ciclo de música para unha época | Data: Os días 28/04/2024, 26/05/2024, 02/06/2024 | entrada libre ata completar capacidade | PROGRAMA:
Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña Rúa Zalaeta, 2 (15002 - A Coruña) Tel.: 881 881 700 correo-e: mu.belas.artes.coruna@xunta.gal | |
Axudas para participar nos programas Conecta con Galicia e Conecta co Camiño |
| Data: Data de inscrición Ata o 20/05/2024 | Prazas ofertadas na modalidade de copagamento: 800 €, se residen en América, e 250 € se residen en Europa. Os programas inclúen: a organización da viaxe, os traslados en avión das persoas participantes, o desenvolvemento das actividades, o transporte daquelas persoas que realicen un retorno inmediato ata o aeroporto de saída, os servizos de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, e o material necesario para o desenvolvemento das actividades. |
Contacto:Secretaría Xeral da Emigración Rúa dos Basquiños, nº 2. 15781 Santiago de Compostela Teléfono: 981 545 882 Email: accion.social.emigracion@xunta.gal Publicación: Programa Conecta con Galicia:
Programa Conecta co Camiño:
|
O documental do mes: "Mambar Pierrette" | Data: 02/05/2024 |
Venda de entradas:
| LUGAR: Cines Fórum Metropolitano Contacto:Fórum Metropolitano Rúa Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña) Tel..: 981 184 293 Correo-e: forummetropolitano@coruna.gal | |
"Indóciles. Luísa Villalta a escena" | Data: 03/05/2024 | entrada libre | "Indóciles" é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Da man de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, o legado e a voz de Villalta volven ao escenario. Vero Rilo é narradora oral. Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental que mestura coa interpretación teatral e danza contemporánea. Nuria Vil é "resitadora", filóloga e poeta galega presente no circuíto de poesía galega oral. LUGAR: Auditorio do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17. 15010 - A Coruña) Contacto:Asociación Veciñal Agra do Orzán Rúa Entrepeñas, 38 soto (15010 - A Coruña) Tel.: 981 26 10 44 correo-e: agra@galizacultura.gal | |
Día da Ciencia na Rúa 2024 | Data: 04/05/2024 | de balde | Tamén participará persoal da investigación e divulgación das seguintes entidades e institucións vinculadas á actividade científica:
O programa inclúe outras actividades paralelas da man da Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude, UDCiencia d+i, ademais dun concerto da Banda Municipal da Coruña ás 12.00 horas e un espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade partir das 17.30 horas. Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae:
Contacto:Museos Científicos Coruñeses Casa de las Ciencias. Parque de Santa Margarita, s/n. 15005- A Coruña Tel.: 981 189 844 | |
Encontro profesional sobre Educación en Museos e Institucións Culturais | Encontro aberto a profesionais de museos, mediadores, educadores, investigadores e público interesado. | Data: 10/05/2024Data de inscrición Ata o 07/05/2024 | Entrada libre, previa inscrición na web https://porta.fundacionmariajosejove.org | O obxectivo desta xornada é poñer en común prácticas que levan a cabo na actualidade en Museos e Institucións Culturais galegas e algúns exemplos do contexto nacional, co propósito de tecer unha rede entre os axentes que as desenvolven. Durante a xornada levaranse a cabo tres mesas redondas sobre escola, comunidade e investigación, e, pola tarde, unha serie de mesas de traballo que propoñen reflexionar colectivamente ao redor da profesión. Contacto:Fundación María José Jove Polígono da Grela (Edif. Workcenter). Rúa Galileo Galilei, 6 (15008 - A Coruña) Tel.: 981 160 265 correo-e: info@fundacionmariajosejove.org |
Corufest 24 | Data: Dende o 09/05/2024 ata o 19/05/2024 | Venta de entradas en: ataquilla.com | PROGRAMACIÓN: Xoves 9 12.00 h: Exposición 'Cuir imaginario' de Felipe Rivas. CasA Museo Casares Quiroga. Ate o 30/05/2024. 20.30 h: Elahood, de Sabela Dominguez e Julia Laport .Centro Sociocultural Ágora. Venres 10 19.00 h: Encontro literario con Nando López. Centro Sociocultural Ágora. Sábado 11 12.00 h: Firma de libros de Nando López . Galgo Azul. 20.30 h: Podcast do CORUFEST, Xanela 'Igualdade, sexualidade e identidade' .Centro Sociocultural Ágora. Con Jazmín Beirak, Daniel Tigrillo, Jimena González, María Reimóndez e Nando López. Domingo 12 20.30 h : IF (La Ligereza), da Compañía Del Señor Smith. Teatro Rosalía. Luns 13, martes 14 16.00 - 20.00 h: Obradoiro 'Performar a disidencia', con Álvaro Caboalles. Fundación Luís Seoane. Mércores 15 16.00 - 20.00 h :Obradoiro 'Performar a disidencia', con Álvaro Caboalles. Fundación Luís Seoane 20.30 h: Encontro sobre políticas LGTBIQ+, con Julio del Valle de Íscar Xoves 16 16.00 - 20.00 h: Obradoiro 'Performar a disidencia', con Álvaro Caboalles. Fundación Luís Seoane. 20.30 h :Ceibe, da Compañía Fran Sieira. Teatro Rosalía Venres 17 12.00 h: Encontro literario con Miriam Beizana. Centro Sociocultural Ágora. 18.30 h:Mostra do obradoiro Álvaro Caboalles. Fundación Luís Seoane. 19.00 h: Encontro literario con Alberto Conejero. Centro Sociocultural Ágora. 20.30 h: Simulacro, de Margarida Monteny e Carminda Soares. Teatro Colón. Sábado 18 12.00 h: Entrega do premio Samuel Luiz - Carla Antonelli .Galgo Azul 18.00 h:Firma de libros con Alberto Conejero. Galgo Azul 20.30 h: 'Sexpiertos', de Tanttaka Teatroa en Teatro Colón. Domingo 19 13 h: Domingo da Seoane: Concerto de Leria. Fundación Luís Seoane. Contacto:Teléfono información cidadá (dende a cidade da Coruña): 010 Teléfono información cidadá (fóra do termo municipal): 981 184 278 | |
Actividades nas Casas da Mocidade Oleiros- Maio |
| Data: Dende o 03/05/2024 ata o 30/05/2024 | Obradoiro de arxila fría
Saída ás termas
Noite de Eurovisión
Xogos de rol
Saída ao Ézaro
Exposición de Accem
Contacto:Portaberta Rúa Daniel Castelao nº 5 15179- Liáns- Oleiros (A Coruña) Tel: 981 614 083 Mail: pix.portaberta@gmail.com As Pedras Avenida Rosalía de Castro nº 114 15172 - Perillo - Oleiros (A Coruña) Tel: 981 977 944 Mail: pix.aspedras@gmail.com | |
Aqui tamén se fala | Data: 07/06/2024 | Gratis | Contacto:Redes sociais "Aquí tamén se fala": | |
Guía Ti Elixes! 2024 | Data: Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025 | A recompilación da información foi realizada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da mocidade unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos, bolsas, residencias universitarias, etc. Contacto:Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña Tel.: 981 184 294 WhatsApp / Telegram: 606 362 366 Correo electrónico: cmix@coruna.gal | ||
Campus de Verán XuvenCiencia da USC |
| Data: Dende o 30/06/2024 ata o 06/07/2024Data de inscriciónDende o 03/05/2024 ata o 12/05/2024 | 250 € para o Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de serán e noitiña Lumieira Acompaña e con aloxamento.A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, así coma o diploma de participación da USC. Ademais, inclúe a pensión completa desde o domingo 30 de xuño ao sábado 6 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo. | O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, etc. Oferta actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias indicadas na preinscrición. A partir das 18:00 h levaranse a cabo actividades lúdicas dentro do programa de lecer Lumieira Acompaña. Preinscrición: na web https://xuvenciencia.org/campus A metade das prazas ofertadas adxudicarase por orde de recepción de solicitudes, mentres que o resto serán sorteadas entre todo o alumnado inscrito. Contacto:XuvenCiencia USC
|
I Ciclo "Museos de Cine" no Museo de Belas Artes | Data: Os días 17/04/2024, 08/05/2024, 05/06/2024 | entrada libre ata completar capacidade | PROGRAMA:
LUGAR: Salón de Actos do Museo de Belas Artes Contacto:Museo de Belas Artes da Coruña Rua Zalaeta, s/n (15002 - A Coruña) Tel.: 881 881 700 correo-e: mu.belas.artes.coruna@xunta.gal www.facebook.com/people/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña/100063541053606 | |
17 de abril -Día Europeo da Información Xuvenil 2024. Stand informativo no Espazo Xuvenil do Remanso | Data: 17/04/2024 | Cada 17 de abril, as persoas mozas e os servizos de información xuvenil de toda Europa celebran o Día Europeo da Información Xuvenil (EYID). Esta xornada, que foi declarada en 1983 pola Axencia Europea de Información e Asesoramento Xuvenil (Eryica) e o Instituto Español da Xuventude (Injuve), é unha oportunidade para recoñecer o traballo dos servizos de información xuvenil. No ano 2024, a campaña #EYID24 céntrase na democracia e a importancia de que as persoas mozas comprendan o seu rol esencial na toma de decisións colectivas. O 17 de abril a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, composta de 3 espazos de información xuvenil no Centro Ágora, Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero e Fórum Metropolitano, sumarase a esta iniciativa coa posta en marcha dun stand informativo no exterior do Espazo Xuvenil do Remanso. Neste stand, que estará dispoñible en horario de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., poñerase a disposición da mocidade da nosa cidade, información sobre as diferentes asesorías e programas que se ofrecen desde a Rede Municipal de Información Xuvenil, así como dos espazos e recursos que o Concello da Coruña pon a disposición da xuventude. Ademais, en relación coa temática relacionada coa celebración deste ano, invitarase ás persoas mozas a participar respondendo aos Quizz que permitirán evaluar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos da información, e ademais poderán obter material de merchandising de diferentes espazos municipais vinculados a temáticas de interese xuvenil. Contacto:Rede Municipal de Información Xuvenil Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294 Espazo de información xuvenil - Naves do Metrosidero. Tel: 606 362 366 ou 981 184 200 ext 88038. Avda. do Metrosidero, s/n, Nave 03. Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325) Horario: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. sábados de 10 a 14 h. Telegram //Whatsapp: 606 362 366. Correo-e: cmix@coruna.gal Web: www.coruna.gal/informacionxuvenil | ||
Club de lectura | Data: Os días 17/04/2024, 08/05/2024, 22/05/2024, 05/06/2024, 19/06/2024 | gratis | As inscricións realízanse a través da seguinte ligazón: https://form.jotform.com/231913472089359 Lugar:Centro Cívico Ciudad ViejaContacto:Espazo Diverso Tel.: 981 189 889 Correo electrónico: espazodiverso@coruna.gal | |
TRC Danza Primavera 2024 | Data: Dende o 19/04/2024 ata o 16/05/2024 |
(*descontos: Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20% ; familias numerosas: -25%) VENDA DE ENTRADAS:
| PROGRAMA:
Dentro da programación de TRC Primavera 2024 ofertarase ademais un espectáculo para público escolar, no Fórum Metropolitano o 20 de maio: "Placton" da Compañía Big Bouncers (2 sesións: ás 10 h. e ás 12 h.) Contacto:Teatro Rosalía de Castro R/ Rego de Auga, 37A (15001 - A Coruña) correo-e: trc@coruna.gal | |
Xoves de Achegas abril 2024 - "Intercambios Xuvenís-Oportunidades Europeas para a Mocidade" |
| Data: 25/04/2024Data de inscriciónDende o 12/04/2024 ata o 23/04/2024 | Gratuito. | Os intercambios xuvenís permiten a grupos de persoas mozas de distintos países reunirse, convivir e traballar en proxectos comúns durante períodos breves. Neste Xoves de Achegas adentrarémonos nas oportunidades que che ofrece Europa. Nesta nova pílula formativa, a través dunha metodoloxía participativa poderás adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para participar neste proxecto. Dende a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizamos no Espazo Xuvenil de Naves do Metrosidero o programa de Xoves de achegas na Nave03. Unha experiencia mensual de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos. Modera a actividade: Asociación Cultural Ingalicia Contacto:Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña Tel.: 981 184 294 Whatsapp/Telegram: 606 362 366 Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal |
VII ciclo de concertos "Elas son Artistas" | Data: Dende o 11/04/2024 ata o 16/11/2024 | venda de entradas en http://elassonartistas.gal/entradas | Na Coruña terán lugar as seguintes actuacións:
Contacto:Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes "Elas Son Artistas" correo-e: elassonartistas@gmail.com | |
Garufa Club: abril | Data: Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30 |
Contacto: | ||
Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso | Idades: de 12 a 30 anos. | Data: Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024 | Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Bótalles un ollo a continuación: Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 | |
Miniciclo de cinema: Comedias clásicas II | Idade de 12 a 30 anos. | Data: 21/04/2024 | De balde | Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 |
Obradoiro de Variñas Máxicas |
| Data: 26/04/2024 | De balde | Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 |
Xogo de pesquisas: Women’s Legacy | Idade de 12 a 30 anos. | Data: Dende o 12/04/2024 ata o 21/04/2024 | De balde | Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 |
Reto de debuxo: seres de fantasía | Idade de 12 a 30 anos. | Data: Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024 | De balde | Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 |
Actividades de abril nas Naves do Metrosidero |
|
Data: Dende o 13/04/2024 ata o 21/04/2024 Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade | ACTIVIDADES:
Contacto:Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal Teléfono/WhatsApp: 621.183.095 | |
Festival Solidario de Primavera Xacarandaina |
| Data: 04/05/2024 | 3€ | Lugar de celebración: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela nº17 - 15010 (A Coruña) Contacto:Asociación Cultural Xacarandaina Rúa Historiador Vedía nº3 15004 -A Coruña Tel: 981 277 315 Mail: info@xacarandaina.com |
"Dioses y héroes del Barroco veneciano" | Data: Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024 | Gratis | Lugar:Fundación BarriéContacto:
| |
Nocturnia | edición primavera 2024 | Data: Dende o 05/04/2024 ata o 27/07/2024con diferentes prazos de inscrición para cada actividade | PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA... 1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver PDF adxunto coa programación completa). Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo. 2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao se esgotaren as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez. 3. Para acceder ás actividades será obrigatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. 4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises. Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e seralle notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible. Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. 5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com Inscrición nas actividades dende o 29/04/2024 ás 16.00 h ata o 02/05/2024 ás 12.00 h ou ata esgotárense as prazas. VENRES 3 DE MAIO 2024 Coñece a túa cidade dunha forma diferente: A Coruña desde os seus carrís-bici
Escalada en rocódromo: ven a escalar
SÁBADO 4 DE MAIO 2024
Obradoiro de boomwhakers e percusión corporal
Iniciación ao Quidditch-Quadball
Ruta ambiental "Alto das Fragas do Eume": as fragas a vista de páxaro
E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho. Contacto:Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com | ||
Exposición: Lixo exquisito | Data: Dende o 19/01/2024 ata o 30/06/2024 | Xeral: 10,30 €. | Contacto:Aquarium Finisterrae Paseo Alcalde Francisco Vázquez nº34 15002 - A Coruña Tel: 981 189 842 | |
XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña | Data: Dende o 05/04/2024 ata o 08/06/2024 | a entrada a todas as obras é gratuíta | Pódese consultar a programación completa coas datas, horarios e clasificación por idades no calendario oficial dispoñible na web https://iesrosaliamera.gal (a apertura de portas será 10 minutos antes do comezo de cada obra) A Gala final coa entrega de premios ás obras gañadoras do Certame terá lugar o 14 de xuño ás 20.00 h. no Teatro Colón da Coruña. Contacto:IES Rosalía Mera R/ Mr. Archer Milton Huntington, 24 (15011 - A Coruña) Tel.: 981 080 408 - 650 783 527 correo-e: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal | |
XXIX Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024) |
| Data: Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024Data de inscriciónDende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024 | De balde. | Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais. PROGRAMA:
Contacto:CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS. SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN Pazo Municipal. Praza María Pita, 1- 3º andar. 15001 A Coruña Tel.: 981 184 200. ext. 10259 Horario: de luns a venres, de 9 a 14 h. Correo-e: educacion@coruna.gal Web: www.coruna.gal/educacion Rede Municipal de Información Xuvenil Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano. Tel. 981 184 294 Espazo de información xuvenil - Naves do Metrosidero. Tel: 606 362 366 ou 981 184 200 ext 88038. Avda. do Metrosidero, s/n, Nave 03. Espazo de información xuvenil - Centro Ágora. Tel. 981 189 888 (ext. 34324// 34325) Horario: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. sábados de 10 a 14 h. Telegram //Whatsapp: 606 362 366. Correo-e: cmix@coruna.gal Web: www.coruna.gal/informacionxuvenil |
Recorda Fest | Data: Dende o 06/09/2024 ata o 07/09/2024 | Desde 55€ hasta 120€ (+ gastos gestión) | Contacto:Recorda Fest | |
Encontro Mundial de Humorismo 2024 | Data: Dende o 25/04/2024 ata o 05/05/2024 | venda de entradas para os espectáculos de pago en https://entradas.ataquilla.com. | PROGRAMA:
Ver programación completa en https://emhu.es/programacion. Contacto:EMHU (Encontro Mundial de Humorismo) correo-e: info@emhu.es | |
Exposición: Coser o río | Data: Dende o 22/03/2024 ata o 01/09/2024 | De balde. | Lugar:Fundación Luis SeoaneContacto:
| |
Exposición Colores del mundo | Data: Dende o 10/04/2024 ata o 21/05/2024 | De balde | De que cor é a vida? Sen dúbida, é un calidoscopio colosal que vos invitamos a descubrir a través destas fotografías de National Geographic que podedes ver na exposición "Colores del mundo". A natureza, as cidades, o ceo... A diversidade de cores no mundo é colosal. Só grandes fotógrafos, como os de National Geographic, puideron capturalo na súa esencia. | |
Obradoiro árbore kawaii de feltro |
| Data: 21/03/2024 | De balde | Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 |
Cinefórum: Sherlock, Jr. (1924 - Buster Keaton) | Idade de 12 a 30 anos. | Data: 24/03/2024 | De balde | Contacto:Espazo Xuvenil O Remanso Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña Tel.: 621 183 038 |
Ciclo de encontros "Primavera literaria" |
Data: Os días 18/03/2024 ás 18:30 , 16/04/2024 ás 18:30 , 07/05/2024 ás 18:30 , 04/06/2024 ás 18:30 un encontro ao mes | entrada libre ata completar capacidade | bPROGRAMA:
Contacto:
| |
Campos de voluntariado no estranxeiro 2024 |
| Data: Data de inscrición Dende o 29/02/2024 | A cota de participación é de 110€ (82,50€ no caso de acollerse a desconto por ter o Carné xove ou por ter Carné de familia numerosa ou monoparental). Algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer á organización estranxeira. Esta cota extra especifícase na ficha informativa de cada campo. | Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc. Destinos dispoñibles nos meses de verán: A cota de participación inclúe os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos unha vez producida a incorporación ao campo e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados pola viaxe (ida e volta) ata o lugar de celebración do campo, que correrán a cargo da persoa voluntaria, nin a cota extra de participación naqueles casos onde se estableza pola organización estranxeira. Contacto:Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Complexo Administrativo San Lázaro. Santiago de Compostela. Teléfonos 981 544 838 / 981 957 115 Servizo de Xuventude e Voluntariado Edificio Amizar. Rúa Gregorio Hernández 2-4. A Coruña. Teléfonos 881 881 238 / 881 881 240 |
Festival Beatout |
| Data: Dende o 07/06/2024 ata o 08/06/2024 | Contacto:Beatout Mail: beatoutfest@gmail.com | |
Ciclo de performance "De Corpos Presentes" | Data: Dende o 28/02/2024 ata o 08/03/2024 | de balde | PROGRAMA:
Contacto:
| |
Mozos Voluntarios das Nacións Unidas |
| Data: | ¿Que fan os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas? Axudarás a promover a paz e o desenvolvemento sustentable, xa sexa no teu propio país ou noutro país do mundo. Axudará ás persoas para levar vidas e comunidades máis saudables e seguras para poder abordar mellor os desafíos presentes e futuros. Os postos son moi variados; pode traballar en dereitos humanos, adaptación ao cambio climático, atención primaria de saúde, xestión de desastres, consolidación da paz, participación xuvenil ou moitas outras áreas. Pode traballar directamente nunha axencia das Nacións Unidas ou ser asignado a unha das súas organizacións asociadas, unha universidade ou goberno. ¿Que tipo de voluntariados hai?
¿Canto dura a tarefa? Dado que é un servizo patrocinado por axencias das Nacións Unidas, os seus socios, gobernos ou institucións académicas, a duración da asignación depende das necesidades da entidade solicitante. A maioría das asignacións duran entre seis e 24 meses. Nas asignacións de curto "prazo", sou duración é inferior a seis meses. No caso de patrocinio dunha institución académica, denomínanse Mozos Voluntarios Universitarios das Nacións Unidas. Realizan asignacións de menor duración, xeralmente entre tres e seis meses. Os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas reciben un subsidio de subsistencia básico que lles permite vivir na área asignada. Se se traballa nun voluntariado fóra da súa área de orixe, a pasaxe aérea de regreso ou o transporte terrestre (segundo corresponda) e algúns outros custos básicos págaos a axencia anfitrioa. As persoas voluntarias en liña non reciben ningunha compensación económica. ¿Como me inscribo? Non existe un rexistro xeral para as asignacións de Mozos Voluntarios das Nacións Unidas. Só pode postularse a través de anuncios para asignacións individuais. Se ten 25 anos ou máis e varios anos de experiencia laboral nunha área específica de especialización, poderás rexistrarche no Fondo Mundial de Talentos do programa VNU . | |
Exposición Helmut Newton | Data: Dende o 18/11/2023 ata o 01/05/2024 | De balde. | Lugar:Fundación Marta Ortega Pérez (MOP Foundation)Contacto:Correo electrónico da exposición: info@helmutnewton-coruna.com | |
Monólogos e espectáculos de humor en Afundación | Data: Dende o 20/01/2024 | PROGRAMACIÓN:
Contacto:Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8 (15003 - A Coruña) Tel.: 981 185 060 correo-e: socioculturales@afundacion.org | ||
Ciclo "Sen Numerar", primavera 2024 | Data: Dende o 26/01/2024 ata o 10/05/2024 | 9 € (carné xove, +65 e persoas desempregadas: 7 €) Venda de entradas:
| PROGRAMA:
Contacto:
| |
Ciclo "As mellores películas da historia" | Data: Os días 11/01/2024, 15/02/2024, 14/03/2024, 11/04/2024, 23/05/2024, 13/06/2024 | 5 € / sesión | PROGRAMA:
Contacto:
| |
Actividades Muncyt 2023-2024 | Oferta para grupos e centros educativos |
| Data: Dende o 01/09/2023 ata o 30/06/2024 | de balde. | |
Os labirintos do cerebro | Data: Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024 | Gratis | A exposición está estruturada arredor de catro sectores: Sector 0 Unha pequena revisión histórica da orixe, evolución e papel dos labirintos na historia da humanidade (físicos ou ornamentais). Sector 1 Serve para conectar a concepción clásica de labirinto co cerebro e presentar como funciona este desde a perspectiva da navegación en contornas laberínticas, que están presentes no noso día a día. Sector 2 Centrado en explicar que é e como funciona o navegador espacial interno do cerebro. Sector 3 Aborda como a neurociencia comezou a aplicar os labirintos como ferramenta para mellorar o funcionamento cerebral, ademais de estudar, diagnosticar e tratar algunhas enfermidades mentais. Charlas
*As charlas terán lugar ás 19.00 h no salón de actos do MUNCYT A Coruña cunha duración estimada de 90 min, incluíndo o coloquio. Todas as charlas serán de acceso libre ata completar a capacidade e retransmitidas en liña. Lugar:Museo Nacional de Ciencia y Tecnología - MuncytContacto:
|