Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Os labirintos do cerebro

O Muncyt acolle unha exposición temporal que profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro. Nela achégasenos de modo práctico, accesible e ameno, á neurociencia. Como complemento á exposición, o museo ofrece un ciclo de conferencias que reúne unha selección de expertos que abordarán distintos aspectos do noso laberíntico cerebro para entender mellor o que somos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024

Horario:

Luns: pechado

De martes a venres: das 10.00 ás 17.00 h

Sábados: das 11.00 ás 19.00 h

Domingos e festivos: das 11.00 ás 15.00 h

Enderezo:

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - Muncyt. Praza del Museo Nacional 1. 15011 A Coruña

Prezo:

Gratis

Páxina web:

https://www.muncyt.es/

Contacto:

Documentos:

Folleto ciclo de conferencias (687 KB)

A exposición está estruturada arredor de catro sectores:

Sector 0

Unha pequena revisión histórica da orixe, evolución e papel dos labirintos na historia da humanidade (físicos ou ornamentais).

Sector 1

Serve para conectar a concepción clásica de labirinto co cerebro e presentar como funciona este desde a perspectiva da navegación en contornas laberínticas, que están presentes no noso día a día.

Sector 2

Centrado en explicar que é e como funciona o navegador espacial interno do cerebro.

Sector 3

Aborda como a neurociencia comezou a aplicar os labirintos como ferramenta para mellorar o funcionamento cerebral, ademais de estudar, diagnosticar e tratar algunhas enfermidades mentais.

Charlas

  • 28/09/23- Cajal e o labirinto do cerebro
  • 26/10/23- O cerebro e o labirinto do olfacto
  • 30/11/23- O cerebro e o labirinto da linguaxe
  • 25/01/24- O cerebro e o labirinto do Alzhéimer
  • 07/03/24- O cerebro e o labirinto da obesidade
  • 18/04/24- O cerebro e o labirinto da epilepsia
  • 23/05/24- O cerebro e o labirinto de alcohol
  • 06/06/24- O cerebro e o labirinto da cegueira

*As charlas terán lugar ás 19.00 h no salón de actos do MUNCYT A Coruña cunha duración estimada de 90 min, incluíndo o coloquio. Todas as charlas serán de acceso libre ata completar a capacidade e retransmitidas en liña.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión