15 resultados
Dende o 03/05/2024 ata o 31/05/2024
A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de maio.
Dende o 11/05/2024 ata o 26/05/2024
O Teatro Colón acollerá o Maio Jazz 2024, un programa de cinco concertos gratuitos de jazz organizados pola Deputación da Coruña.
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
A sala Mardi Gras presenta a súa programación de concertos e outros espectáculos para o mes de maio.
Dende o 02/05/2024 ata o 31/05/2024
Axenda de concertos e jam sessions do mes de maio no Jazz Filloa
10/05/2024
Co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón Primavera 2024, coa Familia Caamagno en concerto.
Dende o 03/05/2024 ata o 09/06/2024
A 7ª edición do Festival de Música Contemporánea Resis, organizado pola Asociaición Aïs coa colaboración do Concello da Coruña, converte un ano máis A Coruña en referente internacional da música contemporánea con concertos e outras actividades en diversos espazos singulares da cidade.
16/05/2024
O Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello da Coruña, organiza no Teatro Colón o Concerto das Letras Galegas 2024, no que o Grupo Instrumental Siglo XX e o baixo-barítono Daniel Mosquera farán a estrea absoluta de "Concerto para un home só", unha obra orixinal do compositor Federico Mosquera con texto de Luísa Villalta. O programa inclúe tamén obras de Antonio Vivaldi e de Edmond Buharaja.
Os días 28/04/2024, 26/05/2024, 02/06/2024
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha nova edición do "Ciclo de Música para unha época", un programa que combina a música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.
07/06/2024
A Praza da Tolerancia acolle a I edición do festival "Aquí tamén se fala", unha iniciativa promovida dende o IES Rafael Dieste que contará con artistas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria.
resultados 15
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible