Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"

300 bolsas para iniciar a estudantes universitarios na carreira científica nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia), a través de estancias nos grupos de investigación que desenvolvan o seu labor nas diferentes estruturas de investigación (EI) coas que conta este organismo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 20/05/2024

Duración:

As estancias terán unha duración de 7 meses.

Requisitos:

  • Persoas físicas maiores de idade, de nacionalidade española, nacionais dos Estados membros da Unión Europea, dos Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou estranxeiros.
  • Poderán ser solicitantes todas aquelas persoas que cumpran algunha das seguintes condicións:
    • Estar matriculadas nun grao, título universitario oficial, de 240 ECTS, no curso académico 2023-2024 e ter polo menos 180 ECTS ou o 75% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
    • Estar matriculadas nun grao, título universitario oficial, de polo menos 300 ECTS no curso académico 2023-2024 e ter polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
    • Estar matriculadas nun dobre grao, título universitario oficial, de 300 ECTS ou máis, no curso académico 2023-2024, e ter polo menos 240 ECTS ou o 80% completados correspondentes ao grao que estean a realizar.
    • Estar matriculadas nun Máster Universitario oficial durante o curso académico 2023-2024 ou 2024-2025.
  • Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor ou Doutora.
  • Non ser beneficiaria dunha bolsa do programa JAE.
  • Non gozar dunha axuda para un contrato de investigación.
  • Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura igual ou superior a 7,50 para todos os ámbitos do coñecemento, excepto para estudos de dobre grao, aqueles pertencentes aos ámbitos de industrias culturais: deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual; enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación; enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación; enxeñería informática e de sistemas; enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural que será igual ou superior a 6,50. Acreditar unha nota media de grao ou licenciatura igual ou superior a 7.50 para todas as ramas de coñecemento, excepto para estudos de dobre grao e os graos pertencentes a rama do coñecemento de Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 6.50. As persoas que non finalizasen os estudos de grao deberán acreditar estas notas medias para os créditos obtidos ata a data de presentación da súa solicitude.

Remuneración / Dotación:

A contía total de cada bolsa ascende a 4.200 euros e será abonada mensualmente.

Páxina web:

https://jaeintro.csic.es/

Contacto:

Centro Superior de Investigacións Científicas - CSIC

Correo electrónico: jaeintro@csic.es

Publicación: BOE 19/04/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 753215

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión