Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Certame literario Antón Tovar

O Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos) convoca o Certame Literario "Antón Tovar" en prosa e verso, con motivo do 20º cabodano do pasamento do poeta limiao.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 20/05/2024

Requisitos:

  • A participación está aberta a cantas persoas o desexen, cun máximo de 2 obras por autoría.
  • As creacións, orixinais e inéditas, escritas en lingua galega, poderán ser en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 400 palabras para os textos prosísticos e de 30 versos para as composicións poéticas.
  • A temática dos textos ten que glosar algún(s) aspecto(s) da obra e da persoa do escritor e/ou da súa relación co territorio limiao.
  • As creacións estarán escritas en formato DIN A-4, letra tipo Times New Roman de 12 puntos e interliñado 1,5.

Remuneración / Dotación:

Establécese un único premio consistente nun bono para dúas persoas para unha fin de semana en pensión completa no Hotel Bienestar Termas de Monçao (Portugal). O bono poderá utilizarse antes do 31/12/2024.

Páxina web:

www.museodalimia.com

Contacto:

Certame literario Antón Tovar

Museo da Limia: Rúa de Celanova, 63 (32650 - Vilar de Santos, Ourense)

Tel.: 988 465 883

correo-e: museodalimia@vilardesantos.com

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión