Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Análise de Datos con PowerBI

Con Power BI, poderás realizar análise de datos exhaustivos de forma dinámica, intuitiva e atractiva a través de cadros de mando. A formación é en liña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

  • Primeira edición: Do 26/4/2024 ao 21/6/2024. Data límite de inscrición: 22/4/2024.
  • Segunda edición: Do 27/9/2024 ao 13/12/2024. Data límite de inscrición: 23/9/2024.

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

  • Ser residente en España.
  • Ter máis de 18 anos.
  • Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas.
  • Para poder realizar a formación é necesario ter un sistema operativo Windows 10 ou posterior, unha memoria de 8 GB mínimo. Recoméndase un procesador de 7ª xeración en diante.

Páxina web:

https://digitalizateplus.fundae.es/beca-ibm

Contacto:

Obxectivos

  • Utilizar ferramentas de Business Intelligence para deseñar, construír e despregar solucións baseadas en datos, potenciando así a túa capacidade para tomar decisións fundamentadas en información relevante.
  • Obter datos desde calquera fonte, organizalos e incorporalos á plataforma Power BI. Aprenderás técnicas avanzadas de extracción, transformación e carga de datos para asegurar a súa dispoñibilidade e utilidade na análise.
  • Aprender a xestión do almacenamento de datos con ferramentas BI, o que che permitirá xestionar eficientemente grandes volumes de información e optimizar o seu almacenamento para un acceso rápido e efectivo.
  • Aplicar as ferramentas necesarias para a solución de problemas reais, aplicando análises, xestión e presentación de grandes volumes de datos. Isto facilitará unha toma de decisións efectiva baseada en datos concretos e análises detalladas.

Clases en liña en directo, que poderás ver en diferido se non podes asistir porque quedan gravadas.

Para obter o certificado emitido por IBM e Datahack é imprescindible completar os módulos obrigatorios nos que está estruturada a formación e realizar correctamente o proxecto final na data establecida para iso.

Programa

Está composto de 8 cursos, cuxos obxectivos son:

  • Utilizar ferramentas de Business Intelligence para deseñar, construír e despregar solucións baseadas en datos, potenciando así a túa capacidade para tomar decisións fundamentadas en información relevante.
  • Obter datos desde calquera fonte, organizalos e incorporalos á plataforma Power BI. Aprenderás técnicas avanzadas de extracción, transformación e carga de datos para asegurar a súa dispoñibilidade e utilidade na análise.
  • Aprender a xestión do almacenamento de datos con ferramentas BI, o que che permitirá xestionar eficientemente grandes volumes de información e optimizar o seu almacenamento para un acceso rápido e efectivo.
  • Aplicar as ferramentas necesarias para a solución de problemas reais, aplicando análises, xestión e presentación de grandes volumes de datos. Isto facilitará unha toma de decisións efectiva baseada en datos concretos e análises detalladas.

Inscrición

https://digitalizateplus.fundae.es/bolsa-ibm/detalle/2771

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión