Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axuda económica a través da tarxeta Benvida

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca a axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para familias que no 2024 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata 3 anos, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

2 meses desde o día seguinte do nacemento ou resolución de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento permanente (3 meses se a persoa é emigrante retornada). No suposto de muller xestante, en calquera momento do 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.

Requisitos:

  • Persoas residentes en Galicia que dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) e que se atopen nun dos seguintes supostos:
    • a) Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024
    • b) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
    • c) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis menores de ata 3 anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
  • Poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia no 2024.
  • Igualmente aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 € nas convocatorias dos anos 2022 e 2023 e non accederan á axuda no segundo ano de vida e ata o que o neno faga os tres anos, ou ata que se cumpran tres anos da resolución nos supostos de adopción ou garda con fins adoptivos por superar os ingresos previstos para iso, poderán beneficiarse destas axudas no caso de experimentar unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.
  • Serán requisitos que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia e que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á contía da axuda complementaria no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos
  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, para ter dereito ao incremento do 25% da axuda.
  • As persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2024 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

Remuneración / Dotación:

  • Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes.
  • No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro ou sucesivo da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes. .
  • Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a axuda no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías:
    • - 600 €/ano, a razón de 50 €/mes (1º fillo ou filla)
    • - 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes (2º fillo ou filla)
    • - 2.400 €/ano a razón de 200 €/mes (3º fillo ou filla ou sucesivos)
  • Excepcionalmente, a axuda poderá percibirse ata un ano máis sempre que a unidade familiar estea tecnicamente valorada en situación de especial vulnerabilidade, teñan un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución e así o soliciten dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

A axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida que poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, ópticas, librarías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Páxina web:

https://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Teléfono de información 012

correo-e: demografiaeconciliacion@xunta.gal 

Publicación: DOG 11/01/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemnto BS403B

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión