Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas de indemnización económica para vítimas de violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/12/2024

Requisitos:

Todas as axudas de indemnización recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2022.

a) Para as axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor: 

  • Poderán ser persoas beneficiarias cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumprisen algún dos seguintes requisitos:
    • - Ser menores de idade e convivir coa nai,  independentemente da renda familiar.
    • - Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando na data do falecemento, as persoas beneficiarias non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual, superasen 12 mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

b) Para as axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero:

  • Poderán ser persoas beneficiarias as mulleres feridas gravemente, sempre que na data en que se producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos:
    • - Ser muller, maior de idade ou emancipada.
    • - Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
    • - Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen, non superen o importe do IPREM vixente, durante os 12 meses anteriores.

Remuneración / Dotación:

O importe das indemnizacións fíxase na cantidade de 7.000 € que será aboada unha única vez por cada persoa beneficiaria e para o mesmo feito causante

Páxina web:

http://igualdade.xunta.gal/

Contacto:

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral da Igualdade

Tel.:  981 54 53 61 - 981 95 72 68

correo-e: vx.igualdade@xunta.gal

Publicación: DOG 13/12/2023

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI460A

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión