Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bono de Alugueiro Social

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/11/2026

ou ata o esgotamento da partida orzamentaria. 

Requisitos:

Unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda:

  • Por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
  • As unidades de convivencia das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
  • Aquelas que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc. 
  • Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
  • Aquelas unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras cos concellos, a Comisión de Seguimento e Coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda.
  • Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sareb, en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención deste Programa.
  • Mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento.
  • Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.

Persoas beneficiarias: • Ter a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE o EEE ou ter autorización de residencia. •Empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da presentación da solicitude da axuda (consultar excepcións)• Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.• Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente. • Que a renda do contrato de arrendamento non supere os importes sinalados no ordinal 8º das bases reguladoras .• Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais o inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (consultar excepcións).• Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso, de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.

Remuneración / Dotación:

Contía da axuda do Bono de Alugueiro Social

  • O importe mensual desta axuda poderá chegar ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento, sempre que non supere a renda das vivendas previstas na convocatoria. A contía definitiva da concesión virá determinada en función do concello no cal estea situada a vivenda obxecto do contrato de arrendamento que se achegue, así como, de ser o caso, do suposto previsto no punto 2 do ordinal oitavo. O importe mensual da axuda non poderá ser superior á renda da vivenda.
  • Axuda complementaria: ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.

Duración da axuda

  • Será susceptible de catro prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de cinco anos, e sempre que subsistan as condicións de necesidade que deron lugar á concesión inicial, así como que se acredite o límite de ingresos previstos no ordinal sétimo e exista dispoñibilidade orzamentaria.
  • En todo caso, as axudas concedidas, tanto en concesións iniciais como en sucesivas prórrogas, non se poderán estender máis aló do 31 de decembro de 2026.

Páxina web:

Bono alugueiro social

Organiza:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia

Contacto:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda​

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Edif. de Servizos Múltiples, praza de Luís Seoane, A Coruña

Teléfono: 981 184 801

Publicación: 13/07/2022

Procedemento: VI482F

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión