Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campos de voluntariado no estranxeiro 2024

A Consellería de Política Social e Xuventude pon en marcha a Campaña de Verán 2024; actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo... e abre o prazo para solicitar prazas nos Campos de voluntariado no estranxeiro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 29/02/2024

A convocatoria permanecerá aberta ata esgotar as prazas.

Duración:

Duración aproximada de 15 días.

Prezo:

A cota de participación é de 110€ (82,50€ no caso de acollerse a desconto por ter o Carné xove ou por ter Carné de familia numerosa ou monoparental).  

Algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer á organización estranxeira. Esta cota extra especifícase na ficha informativa de cada campo.

Requisitos:

  • Ter 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
  • A SOLICITUDE DE PRAZA farase a través do enlace na web de Xuventude, donde se poderán consultar e solicitar os campos ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
  • PROCEDEMENTO:
    • Unha vez adxudicada a praza, as persoas solicitantes recibirán un correo electrónico coas instruccións para o pagamento da cota de participación e para formalizar a inscrición, e toda a documentación que se deberá presentar cuberta e asinada no prazo de 2 días hábiles desde o envío do correo electrónico. Toda a documentación deberase enviar por correo electrónico ao enderezo: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
    • Recibida e revisada esta documentación, a confirmación enviarase por correo electrónico para a súa validación e polo tanto a finalización do proceso de inscrición. 
    • No caso de, finalmente, non poder participar no campo de voluntariado haberá que comunicar por correo electrónico a renuncia o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar así a participación doutra persoa.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Complexo Administrativo San Lázaro. Santiago de Compostela. Teléfonos 981 544 838 / 981 957 115 

Servizo de Xuventude e Voluntariado

Edificio Amizar. Rúa Gregorio Hernández 2-4. A Coruña. Teléfonos 881 881 238 / 881 881 240 

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Destinos dispoñibles nos meses de verán: 

A cota de participación inclúe os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos unha vez producida a incorporación ao campo e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados pola viaxe (ida e volta) ata o lugar de celebración do campo, que correrán a cargo da persoa voluntaria, nin a cota extra de participación naqueles casos onde se estableza pola organización estranxeira.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión