Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 19/03/2024 ata o 10/05/2024
ás 15.00 h. (hora peninsular).
Requisitos:
Poderán solicitar as bolsas estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar (situación económica da unidade familiar no exercicio 2023).
Cumprir uns determinados requisitos de aproveitamento académico.
Cursar algunhas das seguintes ensinanzas:
Eninanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
Ciclos de Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluidos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
Ensinanzas artísticas profesionais.
Ensinanzas deportivas.
Ensinanzas artísticas superiores.
Estudos relixiosos superiores.
Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia.
Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de formación profesional.
Ciclos Formativos de Grao Básico.
Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:
Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de grao e de mestrado, incluídos os estudos de grao e mestrado cursados nos centros universitarios da defensa e da Garda Civil, así como os cursados no Centro Universitario de Formación da Policía Nacional, O.A.
Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
Complementos de formación para acceso ou obtención do título de mestrado e créditos complementarios para a obtención do título de grao.
Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutorado, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título oficial do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para los que se solicita a bolsa a data 30 de setembro de 2024.
A solicitude deberase cumplimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Remuneración / Custo:
Contías fixas.
Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A cuantía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se teña matriculado o estudante por primeira vez no curso 2024-2025.
Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 2.500,00 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios
Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
Contías adicionais para bolseiros con domicilio familiar na España insular, Ceuta e Melilla e para os estudantes universitarios con discapacidade.
Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.
BOE 28/02/2024 Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.
BOE 08/03/2024 Correción de erros do Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.
BOE 15/03/2024 Extracto da Resolución de 13 de marzo de 2024 da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 749075 (convocatoria)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible