Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Día da Ciencia na Rúa 2024

O Parque de Santa Margarida acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/05/2024

Horario:

de 11:00 a 19:00 h.

Prezo:

de balde

Páxina web:

https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/dia-da-ciencia-na-rua-2024/

Contacto:

Museos Científicos Coruñeses

Casa de las Ciencias. Parque de Santa Margarita, s/n. 15005- A Coruña

Tel.: 981 189 844

Documentos:

MC2_DCR-24_PLANO-INTERACTIVO (PDF) (4 MB)

Tamén participará persoal da investigación e divulgación das seguintes entidades e institucións vinculadas á actividade científica:

  • Cátedra Emalcsa-UDC
  • Facultade de Ciencias da UDC
  • Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade da Coruña
  • Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA)
  • Centro de Investigación en TIC (CITIC)
  • Centro Oceanográfico da Coruña
  • Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC)
  • Fundación IMQ San Rafael
  • Servizo Municipal de Educación da Coruña
  • Asociación Luzada da USC
  • Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

O programa inclúe outras actividades paralelas da man da Asociación Galega de Xadrecistas-AGAX, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Bricolabs, Incude, UDCiencia d+i, ademais dun concerto da Banda Municipal da Coruña ás 12.00 horas e un espectáculo de monólogos científicos da man da Ciencia Calidade partir das 17.30 horas.

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae: 

  • Aquarium Finisterrae: imprescindible reserva de entradas, cun máximo de 3 días de antelación, online en  https://ticketing.coruna.gal/mc2/aq/
  • Casa das Ciencias e Domus: acceso libre, sen reserva previa
  • Sesións do Planetario na Casa das Ciencias: imprescindible retirada de invitacións, desde media hora antes de cada sesión,  na recepción do museo. 

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión