Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024

Requisitos:

  • Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria.
  • Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
  • O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

Remuneración / Dotación:

1.000 euros por premio e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 527 - 881 996 509 -  881 997 383

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 26/04/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311A

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión