Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Subvencións para a compra de bicicletas

A Conselllería de Infraestruturas e Mobilidade convoca unha liña de axudas dirixida a facilitar a adquisición de bicicletas de pedaleo asistido e bicicletas de man (híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/06/2023 ata o 15/11/2024

ou ata cando se esgoten os fondos.

Requisitos:

  • Persoas maiores de idade que realicen a actuación subvencionable (adquisición de bicicletas novas con pedaleo asistido ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas en establecementos comerciais situados en Galicia.
  • Estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non obter axuda para a mesma clase de obxecto subvencionado no ano 2022.
  • No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • As bicicletas deberán ser adquiridas con posterioridade á publicación da presente convocatoria.
  • Tramitar a solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas. Será a entidade colaboradora a encargada de presentar telematicamente a solicitude de axuda.
  • A data límite para executar a adquisición da bicicleta e presentar a solicitude de pagamento coa documentación xustificativa do investimento é de 30 días naturais, contados desde o día seguinte ao da presentación da solicitude, coa data límite do 15 de novembro do exercicio.

Remuneración / Dotación:

  • A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta (cun límite de 500 €).
  • No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600). O tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).
  • No caso das bicicletas de man, o importe máximo da axuda será de 700,00 euros, sen superar o 70% do prezo da bicicleta.

Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta.

Páxina web:

https://ebici.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Mobilidade

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 581 

Correo de contacto para dúbidas ebici@xunta.gal

Publicación: DOG 05/05/2023

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión