Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

V Concurso de Redacción Xornalística para Mocidade

A revista National Geographic e RBA Libros convocan a 5ª edición deste concurso para mozos de 14 a 25 anos, coa colaboración de Volvo e Fundación Ecomar, que leva por título "Querido mar..." e cuxo tema será a conservación dos océanos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 12/05/2024

Requisitos:

  • Poderán participar mozos de entre 14 a 25 anos, ambos incluídos, matriculados en centros educativos de España dentro das seguintes categorías:
    • - Explorador 1: alumnado de 3º e 4º ESO
    • - Explorador 2: alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclo formativo grao medio.
    • - Explorador 3: mozos de 18 a 25 anos matriculados en universidades ou centros de estudos de grao superior (ou que completasen un grao en universidade ou centro de estudos de grao superior nos últimos 3 anos).
  • Os estudantes que queiran participar deberán escribir, de forma individual, un editorial xornalístico co tema "QUERIDO MAR. Escribe aos océanos e polos océanos": un texto no que se analicen e expresen de maneira razoada a súa mensaxe acerca das especies que viven nos océanos, dos retos para a súa conservación, das iniciativas que existen para protexelo.
  • O editorial deberá ter un titular e un texto en lingua castelá, dunha extensión de entre 400 e 500 palabras. Deberá ser un texto argumentativo baseado en feitos e datos. As ideas e propostas expostas no editorial deberán basearse en datos fiables
  • Cada estudante poderá participar cun único traballo e non se poderán presentar traballos en grupo.

Remuneración / Custo:

  • O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de setembro e decembro de 2024 e recibirá unha cámara de fotos Fujifilm Instamax Mini valorada en 150 €.
  • Os gañadores dos 3 mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta durante un ano á revista National Geographic España e un lote de libros de RBA (valorado en 100 €)
  • Os 10 mellores traballos de cada categoría, incluídos os 3 gañadores, serán publicados na web da revista National Geographic España a partir do mes de xullo de 2024

Páxina web:

www.nationalgeographic.com

Contacto:

National Geographic España

correo-e: nationalweb@rba.es

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión