Unha actividade para o público que visita o Aquarium as fins de semana ás 13.00 e ás 18.00 horas. (Agás 4 e 18 de maio e 24 de xuño)
Público xeral
Para público en xeral
Dende o 27/01/2024 ata o 30/06/2024, os sábados e domingos
Sábados e domingos ás 13.00 e ás 18.00 horas. (Agás 4 e 18 de maio e 24 de xuño)
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.
O Aquarium Finisterrae incorpora desde o sábado 27 de xaneiro unha nova actividade que se lles ofrece ás persoas que visitan o centro. Trátase de charlas breves, duns 10 minutos, sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium, ofrecidas polo persoal de atención ao público. Os cabaliños de mar e os polbos serán os protagonistas dos monólogos das primeiras sesións.
Esta actividade nace do interese mostrado polo público do Aquarium por preguntar e afondar nunha gran diversidade de cuestións. Así, en próximas sesións abordaranse outros temas e animais comoa as medusas, os mexillóns, os axolotes, as estrelas de mar ou os embrións de quenllas.
Os monólogos anunciaranse por megafonía minutos antes do comezo de cada monólogo para que as persoas que estean a visitar o Aquarium poidan asistir se o desexan.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible