A filosofía da recollida selectiva de residuos na Coruña é a da recuperación e a reciclaxe, é dicir, a posibilidade de incorporar ao ciclo de consumo determinados materiais contidos nos residuos urbanos.
A decisión final do modelo de recollida selectiva depende de cada municipio, no caso da Coruña optouse por un modelo complementario ao impulsado pola administración autonómica. Esta decisión non só ten influencia no resultado da fase de recollida, senón que condiciona o resto de operacións que integran un programa de reciclaxe.
Os residuos seleccionados para separar en orixe son os seguintes:
Orgánico e inorgánico
Un Plan de Residuos como o do Concello da Coruña baséase na colaboración cidadá. O primeiro e máis importante paso realízase en cada un dos fogares. Desta forma cada un de nós convértese nun xestor para partir do cal se desenvolve todo o plan.
A primeira selección realízase no ecocubo. Durante a primeira fase do plan, o Concello repartiu máis de 90.000 ecocubos, un por cada núcleo familiar co obxectivo de facilitar a separación.
O ecocubo dispón de dous compartimentos separados, cada un dos cales se destina a un tipo de residuos. ¿Por que esta separación? Case a metade dos nosos lixos domésticos, o 44 % en peso, é materia orgánica. De aí a importancia de dispoñer dunha bolsa específica para ela.
Isto é materia orgánica: restos de alimentos como pan, froita, verduras, espiñas de peixe, ósos, cascas de ovo, etc. Tamén cueiros usados ou alimentos caducados, pero sen os envases.
O resto do lixo deberá depositarse no segundo compartimento do ecocubo, o da materia inorgánica. Por exemplo: latas, tetra bricks, envases de plástico, etc.
Lembra que para o papel e para o vidro existen colectores diferentes e tamén se deben separar.
Aínda que o ecocubo é unha ferramenta moi útil e axúdanos neste labor, non é imprescindible e calquera bolsa, mellor se é reciclable, serve para o mesmo propósito.
Estas bolsas deposítanse posteriormente nos colectores das rúas. Os dous colectores aparecen xuntos. O verde, máis pequeno, é para a materia orgánica. Aínda que a súa proporción en peso é maior, o seu volume é menor. Está identificado coa lenda "Deposita aquí só os teus restos de alimentos". É importante que a selección sexa adecuada, xa que diso dependerá a calidade do compost final.
O colector grande, semellante ao habitual, é para os residuos inorgánicos. Distinguiralo pola tapa de cor amarela .
Papel-Cartón-Vidro
Unha parte importante dos residuos do noso fogar corresponde a papel e cartón, case un 21 % en peso, mentres que o vidro representa un 7 %. Ambos os materiais teñen unha elevada capacidade de reciclaxe, que no caso do vidro alcanza o 100 %.
O material que se deposita nos colectores debe ir limpo de corpos estraños, como tapóns, chapas, etc no caso do vidro ou espirais metálicas ou plásticos no caso do papel.
En toda a cidade dispóñense as denominadas Illas Verdes cada unha das cales conta cun colector de papel-cartón e outro de vidro en diferentes tipoloxías, sendo cada vez máis habituais as que se atopan instaladas por baixo do terreo (semisoterrados e soterrados). Estes conseguen:
Menor impacto visual
Ausencia de cheiros
Compactación do papel-cartón polo seu propio peso
Pilas
A enerxía portátil: Os primeiros deseños de pilas, de hai máis de 200 anos, fóronse transformando ata converterse nas actuais pilas, de alta potencia e máxima duración, capaces de proporcionar enerxía portátil en calquera situación e lugar.
A súa gran virtude é a autonomía enerxética que son capaces de proporcionarnos, para utilizar desde lanternas ou radios ata marcapasos para corazóns. Unha enerxía portátil para todas as ocasións.
Unha enerxía que nos custa cara: A autonomía que as pilas nos ofrecen para utilizar unha gran diversidade de aparellos onde queiramos non é gratuíta. A súa gran versatilidade ten algunhas contrapartidas que debemos coñecer cando as utilizamos.
Custo económico: a electricidade que xera unha pila é ata 450 veces máis cara que a que se produce na rede eléctrica.
Custo ambiental: os compoñentes químicos das pilas poden resultar moi contaminantes se non se lles dá o tratamento adecuado unha vez esgotadas.
Unha familia complicada: No mercado dispoñemos dunha gran variedade de pilas que ás veces nos fai difícil escoller as máis adecuadas segundo o uso que lles queiramos dar: pilas botón, pilas salinas, pilas alcalinas, pilas verdes, pilas recargables...
O concello dispón de máis de 1000 puntos de recollida de pilas distribuídos en establecementos públicos e privados da nosa cidade, que permite recoller preto de 20.000 Kg cada ano, que xunto cos que se recollen por outros sistemas de xestión, como RECICLEA E SIG ECOPIL totalizan máis 28.000 Kg/ano na nosa cidade, o que nos pon á cabeza da urbes mundiais en % de recuperación, con preto do 45% en relación co total consumido.
Nunca tires as pilas ao lixo. Deposítaas nos colectores de recollida selectiva que hai para elas.
Para aclarar calquera dúbida sobre:
Recollida selectiva de pilas.
Solicitar colectores para ser establecemento colaborador.
Retirada ou substitución do colector.
Baleirado dos colectores cheos, etc.
Ponte en contacto co teléfono de atención cidadá: 010.
Catálogo de Colectores (725 KB)
Outros contidos relacionados
Ademais das recollidas habituais dos diferentes tipos de residuos que seleccionamos nos domicilios, o Concello realiza a retirada doutros residuos e recollidas especiais, con carácter gratuíto.
Polígono Industrial
Nos polígonos industriais ademais da recollida de orgánica e inorgánica común ao resto da cidade, leva a cabo un servizo de recolleita porta a porta de cartón e plástico de embalaxes en días alternos, polas mañás.
Mercados e Abastos
A recollida destes centros realízase polas tardes durante todos os días, de luns a sábado, cun camión compactador que separa os residuos orgánicos e inorgánicos. Na actualidade efectúase tamén unha recollida de subproductos de orixe animal (sandach), principalmente restos de carne e peixe en colectores independentes con camións específicos, que son lavados e desinfectados todos os días. O destino final destes residuos é a transformación en fariñas de peixe e carne.
Hostalería e Comercio
A recollida de papel e cartón realízase martes, xoves e sábados pola mañá, a partir das 10:00 horas. Son multitude os establecementos adheridos a esta iniciativa que só pon como condición que os cartóns procedentes de embalaxes sexan ben colocados para a súa recollida.
O vidro pásase a retiralo os luns, mércores, venres e domingos, a partir das 9:30 da mañá. Para este fin entregáronse colectores de 5 litros aos establecementos colaboradores, principalmente da zona con maior actividade hostaleira.
En Nadal e verán realízase un reforzo da recollida de tarde na zona centro para a hostalería.
Mobles e Aveños (voluminosos e RAES)
Os voluminosos son un problema moi importante para case todas as cidades. A diferenza doutros Municipios, na Coruña faise unha recollida diaria destes materiais mediante camións compactadores.
Os RAES (Residuos de Aparellos Electrónicos) teñen unha recollida diferenciada en camións de caixa aberta para facilitar a súa posterior reciclaxe.
O sistema empregado en é o de aviso ao teléfono de atención cidadá 010. Se a chamada realízase antes das 13:00 a retirada faise o mesmo día, se non ao día seguinte para poder organizar a ruta.
Outras Recollidas
Aínda quedan outros residuos urbanos e materiais asimilables que deben incorporarse ao plan de recollida para que non sexan abandonados sen control. Algunhas destas recollidas son:
Información porta papel cartón comercial
Información ruta vidro porta a porta
Para a mellora continua na xestión dos residuos, a Área de Medio Ambiente iniciou a sinatura dunha serie de convenios cos principais produtores da cidade, principalmente do sector comercial e hoteleiro, para mellorar e dar facilidades na xestión dos seus residuos...
Ata o momento, asináronse convenios coas grandes cadeas de supermercados, hoteis, e polígonos industriais.
MANIFESTO CONXUNTO DAS ENTIDADES MUNICIPAIS CON MODELOS ALTERNATIVOS Á RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS DE ENVASES LIXEIROS
A próxima aprobación da nova Lei de Residuos e Chans Contaminados, así como do Real Decreto de Envases e Residuos de Envases, pretende sentar as bases definitivas da economía circular a través da lexislación básica en materia de residuos, así como contribuír á loita contra o cambio climático e protexer o medio mariño.
Baixo este marco reclámase unha xestión eficiente dos residuos, atendendo á súa prevención en primeiro termo, así como procurando a simplificación de procedementos cara a unha menor dependencia de recursos e un menor impacto no medio. Isto antóllase especialmente importante para os residuos de envases, cuxa prioridade ha de ser a prevención e reutilización, e o seu fin último, a súa conversión cara a outros materiais de segunda xeración mediante a súa reciclaxe efectiva.
Dadas os baixas cocientes de recuperación e reciclaxe actuais, é necesario fortalecer as medidas e mecanismos que contribúan a alcanzar os obxectivos propostos a nivel comunitario. Non só atendendo a unha recollida separada de materiais, senón posibilitando a contribución doutras alternativas que demostraron a súa eficiencia desde hai anos. Este último escenario non estaría a imposibilitar a súa recuperación final en planta nin unha redución da súa calidade, senón incluso todo o contrario, xa que, segundo datos obtidos a partir da última memoria publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, estaríanse a recuperar en planta 38 quilos por habitante e ano de envases nos sistemas que integran este documento, fronte aos 9 quilos no modelo convencional de recollida en colector amarelo.
A este respecto, o Proxecto de Lei non determina unha única modalidade para levar a cabo a recollida separada das distintas fraccións dos residuos, indicándose que deberían adaptarse ás circunstancias de cada entidade local, tendo en conta os modelos de éxito comprobado. Aínda así, en ambas as disposicións, así como nunha recente nota informativa do propio Ministerio, restrínxese esta posibilidade, derivándose ao cumprimento de determinados preceptos relacionados coa súa viabilidade técnica, económica e ambiental. Desta maneira, estaríase a limitar a potencial captura dos residuos de envases a un sistema único de recollida.
Considérase que esta formulación coarta as posibilidades de distintos sistemas de xestión que actualmente operan no territorio nacional, como son os focalizados na segregación orgánico-resto, denominados "húmido-seco", "residuo mínimo" ou outras variantes. Comparten a segregación selectiva da fracción orgánica (e específica de papel-cartón e vidro), paralelamente á recollida da fracción inorgánica multimaterial. Á marxe deste esquema, atoparíase a Mancomunidade de Montejurra, que conta cunha recollida separada para residuos orgánicos e envases+materiais, ademais de facer habilitado un quinto colector para os cueiros e outros.
O conxunto de todos estes sistemas atópase actualmente implantado en territorios de Galicia, Navarra, Cataluña e Andalucía, integrando a un total de 1 millón de habitantes, que desde hai anos xestionan os seus residuos municipais baixo esta concepción, obtendo resultados moi satisfactorios, percibido positivamente pola poboación, cun reducido impacto ambiental e uns custos contidos.
Aínda que nalgúns casos puntuais este esquema presenta lixeiras variacións (por exemplo, a adaptación a unha recolleita porta a porta en Torrelles de Llobregat ou a xa comentada nos municipios da Mancomunidade de Montejurra, así como o control de accesos ao colector noutros casos), compártese unha meta común, como é a recuperación de biorresiduos dunha calidade óptima.
Á vez, están a recuperarse envases nun colector (ou bolsa), que, sen ser exclusivo, é capaz de captar a práctica totalidade dos residuos desta tipoloxía xerados, resultando nunha garantía de recuperación en planta, fin último que se pretende. Nese sentido, os resultados alcanzados son manifestamente superiores ao modelo xeral de recollida selectiva en colector amarelo, compartindo a calidade alcanzada para posibilitar a súa reciclaxe.
A consecuencia de alterar este modelo cara á converxencia a outro estándar para todos os territorios restaría, sen dúbida, unhas capacidades que ata o momento reveláronse como moi positivas. Deixaríanse de observar unhas estratexias de xestión locais que, implantadas no seu momento, respondían as necesidades e características dos territorios en cuestión, cuxo formulación se baseaba na sustentabilidade, a responsabilidade do produtor e a racionalización de recursos. O resultado é que ese esforzo está a contribuír a alcanzar os obxectivos pretendidos a nivel estatal, dos que depende, mesmo, o financiamento dos Fondos Europeos a medio prazo.
Con todo iso, este documento pretende elevar a voz cara ao papel que xoga un sistema que se presenta como viable no contexto actual e futuro, atendendo aos principios formulados e os condicionantes que se definen na normativa. En síntese, quérense trasladar as seguintes cuestións, ao obxecto de que sexan consideradas para garantir a supervivencia deste modelo de xestión:
E para que quede constancia, para os efectos oportunos, elevamos este manifesto, que subscriben todos e cada un dos integrantes que se citan a continuación:
Concellos:
Mancomunidades:
Consorcios:
Manifesto subscrito en data 17 de decembro de 2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible