Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

12 de agosto de 2019

A Xunta de Goberno deixará sen efecto o encargo a Emvsa para a prestación de servizos nas bibliotecas

A Xunta aprobará a contratación de obras de repavimentación de calzadas por valor de 508.325 euros

A Xunta de Goberno aprobará deixar sen efecto o encargo a Emvsa para lle prestar servizos bibliotecarios á Rede de Bibliotecas Municipais da cidade (Ágora, Fórum, Sagrada Familia, Os Rosales e Infantil e Xuvenil), así como os servizos de apoio técnico e operativo, co propósito de poder seguir a tramitación do servizo. Desta maneira, quedará sen efecto o encargo á entidade municipal de vivendas co fin de tramitar a licitación dun novo servizo que garanta os postos de traballo dos actuais traballadores/as das bibliotecas.

Na área de Infraestruturas, a Xunta de Goberno somete a aprobación a contratación das obras de repavimentación de calzadas no distrito 8, que comprende as zonas de Eirís, Oza, Casablanca e As  Xubias e o distrito 9, que inclúe Mesoiro, Pocomaco e campus de Elviña, cuxo custo ascende a 508.325,27 euros.

Por outra banda, tamén se lle dará luz verde ao proxecto do Bosque das Cinco Illas, por un importe de 1.764.664,60 euros. Trátase dunha reforma integral e de mellora das zonas verdes que rodean o barrio dos Rosales. O bosque ocupará un espazo de 84.000 metros de gran valor ambiental e ecolóxico, destinado a mellorar a calidade de vida da veciñanza. O proxecto recolle a creación dunha zona de xardín e de arboredo, árbores froiteiras, zonas de lecer, xogo e espazos para facer deporte. Conectará o barrio dos Rosales co Monte de San Pedro. Será o parque máis grande da cidade, despois do de Bens e do de Eirís.

A Xunta de Goberno acordará outorgarlle á Axencia Galega de Infraestruturas a licenza para rehabilitar o edificio administrativo da rúa Gregorio Hernández, número 2. A antiga delegación de Sanidade converterase así no novo espazo público Amizar, que o Goberno autonómico destinará a servizos sociais. O prazo para iniciar as obras será de 6 meses e de 24 para as executar.

Outro dos asuntos aos que lles dará o visto e prace a Xunta de Goberno Local é á designación de varias/os concelleiras/os como representantes municipais nos distintos órganos colexiados de interese público.

A alcaldesa, Inés Rey, presidirá o Consello de Administración de Emvsa, que contará coa presenza dos edís socialistas Juan Manuel Villoslada e Yoya Neira. Tamén serán designados Beatriz Mato, Rosa Gallego e Antonio Deus polo Partido Popular; Silvia Cameán e  Xiao Varela pola Marea Atlántica; e Avia Veira polo BNG.

Tamén Inés Rey e o edil de Cultura, Jesús Celemín, serán nomeados representantes do Goberno local no Consorcio para a Promoción da Música, que contará no seu consello coa presenza de: Roberto Coira, do Partido Popular; Iago Martínez, da Marea Atlántica, Iago Martínez; e Mónica Martínez, de Cidadáns.

Diana Cabanas, edila de Turismo, e Jesús  Celemín representarán o concello no Consorcio de Turismo, mentres que o Partido Popular e a Marea Atlántica estarán representados por Alberto Lema e Nazareth Cendán, respectivamente.

Inés Rey presidirá o padroado da Fundación Luís Seoane, que contará no seu consello co concelleiro Iago Martínez, da Marea Atlántica, e coa concelleira do BNG, Avia Veira.

A Xunta de Goberno Local designa para o Consello de Administración de Emalcsa a alcaldesa, Inés Rey, e as e os concelleiros Esther  Fontán, titular de Medio Ambiente, e José Manuel Lage, voceiro e responsable de Réxime Interior. Por parte do PP, a Beatriz Mato, Roberto Rodríguez e Teresa Gutiérrez. Do grupo da Marea Atlántica nomea a María García e Iago Martínez. O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, será o representante dos nacionalistas neste órgano.

Tamén se nomeará a alcaldesa como presidenta do padroado da Fundación Emalcsa. Yoya Neira, Juan Ignacio  Borrego (PSOE), Roberto García, Esperanza  Peñalosa, Teresa Gutiérrez (PP), Silvia Cameán, María García (Marea) e Francisco Jorquera (BNG) tamén estarán no padroado.

O consello de EDAR Bens terá como representantes a Inés Rey e Esther Fontán por parte do Goberno local e a Esperaza Peñalosa, María García e Mónica Martínez, do PP, Marea e Cidadáns, respectivamente.

Por último, a Xunta ratificará unha multa de 12.100 euros a un establecemento situado na rúa Rey Abdulah por superar os niveis máximos de ruídos permitidos. O local dispón de permiso para a actividade de café teatro.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?