Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de enero de 2019

O centro cívico dos Rosales acolle este sábado, 12 de xaneiro, o primeiro encontro ‘Dillo ti’ do ano entre o goberno local e a veciñanza

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas, contará con servizo de tradución á lingua de signos así como outro de conciliación, aberto a toda á cidadanía

O alcalde, Xulio Ferreiro, e membros do executivo local participarán o vindeiro sábado, 12 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar no centro cívico dos Rosales (Praza Elíptica, 1) e que será a primeira do ano. Esta canle de participación directa ten como obxectivo crear espazos nos que a cidadanía poida conversar, de xeito directo, co goberno local para trasladarlle as súas demandas e inquedanzas e recibir unha resposta inmediata dos responsables municipais. O encontro, que terá dunha duración aproximada de 90 minutos, contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos e outro de conciliación con obradoiros infantís co obxectivo de facilitar que ás persoas con nenas ou nenos ao cargo poidan asistir. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo mesmo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

O encontro é o segundo que se celebra nos Rosales dende a súa implantación, no mes de xaneiro de 2016. Esta nova canle de participación cidadá aberta polo executivo municipal celebrou xuntanzas tamén nos Castros, Palavea, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta, San Pedro de Visma, O Birloque, Riazor e Matogrande, entre outros. Para máis información sobre estas xuntanzas, pódese visitar a páxina web www.coruna.gal/conversascoalcalde así como consultar os vídeo-resumos das anteriores sesións na canle oficial do Concello en Vimeo, www.vimeo.com/concellocoruna.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?