Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de febrero de 2019

O Concello inicia o luns as obras de reurbanización na rúa Casares Quiroga, que mellorarán a conectividade na segunda fase de Elviña e naturalizarán a contorna

Cun prezo de adxudicación de 435.000 euros e un período de execución de seis meses, ademais da renovación da zona de aparcamento, a actuación habilitará dúas escaleiras que conectarán coa rúa José Miñones Bernardez

O Concello iniciará este luns, a través do departamento de Rexeneración Urbana, as obras de reurbanización na rúa Casares Quiroga, un investimento decisivo para mellorar a conectividade e vertebración da segunda fase de Elviña. Cun orzamento de adxudicación de algo máis de 435.000 euros e un prazo de execución de seis meses, a actuación comprenderá a renovación do pavimento das calzadas de circulación e do aparcamento, a ampliación das beirarrúas existentes e a construción de dúas escaleiras de conexión coa rúa José Miñones Bernardez. "Esta é unha obra de carácter integral, que pretende conseguir un espazo urbano de maior calidade, mellorando a estética da zona, pero tamén as súas condicións de accesibilidade, eliminando barreiras e adaptando paradas de bus urbano, ademais de reordenar as áreas destinadas á circulación peonil, calzada e aparcamento", salientou o concelleiro do ramo, Xiao Varela, quen destacou que, como vén sendo habitual, "aproveitaremos a obra para acometer melloras da rede de pluviais". Tamén haberá un incremento do arborado na zona e se colocarán dispositivos de alumeado tipo LED máis eficientes, cos que se conseguirá unha redución de consumo eléctrico de case un 50% con respecto á actual.

A rúa Casares Quiroga contén unha das explanadas máis amplas do barrio, adicada, neste caso, a aparcamento. A intervención servirá non só para rehabilitar o firme, senón tamén para introducir melloras dende o punto de vista da naturalización da contorna. Nas prazas de estacionamento o actual pavimento de asfalto será mudado por unha celosía con céspede que "fará o espazo máis amable, pero, ademais, influirá na recuperación da humidade do subsolo, o que beneficiará o arborado existente e reducirá a carga sobre a rede de pluviais". Por outra banda, o pavimento elixido nas zonas peonís ten características fotocatalíticas, de forma que as lousas que se colocarán contribuirán á eliminación de contaminantes da atmosfera. "Ademais, e dentro de todo o esforzo feito polo goberno local para que as intervencións en calquera barrio comporten, na medida do posible, un aumento de zonas verdes, a obra tamén servirá para aumentar a presenza de vexetación da mediana central que divide á explanada", indicou Varela.

En xeral, a obra manterá a disposición actual sobre toda a área de actuación, tanto no que atinxe á circulación como ás prazas de aparcamento. Unicamente desprazarse á ubicación do acceso actual para o tráfico rodado, a fin de evitar as interferencias co cruce cara a rúa Xeneral Rubín. No afán por mellorar a mobilidade peonil tamén se habilitarán dúas escalinatas que permitirán unha conexión fácil e fluída coa rúa José Miñones Bernárdez.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?