Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de febrero de 2019

O Concello iniciará, en cumprimento dos acordos acadados no convenio de mediación, unha investigación sobre as responsabilidades na concesión dunha licenza urbanística ilegal no antigo edificio de Fenosa

O alcalde apelou hoxe á responsabilidade de todas as formacións, especialmente o PSOE, para facilitar o cumprimento dos acordos homologados polo TSXG, entre os que figura o pago de indemnizacións, algo para o que é preciso un orzamento en vigor: “Para conseguir isto, seguimos dispostos a negociar o que sexa preciso, tanto antes como despois da aprobación inicial do expediente”, indicou

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, amosou esta mañá a súa satisfacción pola decisión do Tribunal Superior e Xustiza de Galicia (TSXG) de homologar o acordo acadado a través do procedemento de mediación polo que a sentenza do antigo edificio Conde de Fenosa se executará mediante alternativas ao derrubo. O rexedor manifestou que, con esta decisión, o goberno local conseguiu liberar a cidade "dun conflito que leva arrastrando dende hai máis de dúas décadas e que suporía un grave prexuízo para as arcas municipais" xa que, só os custos da execución da sentenza de derrubo estimábanse en aproximadamente 60 millóns de euros, "algo que podería poñer en grave risco a situación económico financeira da administración local e que afectaría ao desenvolvemento de servizos públicos necesarios para a cidadanía".

Ferreiro recordou que o litixio comezou hai máis de 21 anos e deriva da concesión, por parte do Concello, naquel momento gobernado polo Partido Socialista, dunha licenza de rehabilitación do citado edificio que foi anulada polo TSXG en 2001 ao ser ilegal. Á espera de coñecer de forma oficial o auto da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, o primeiro edil recordou as bases do acordo acadado polas partes no convenio de mediación, que evita o custo público que suporía o derrubo do edificio. Entre estes acordos figura a confección dun protocolo de Boas Prácticas Urbanísticas para evitar que no futuro volvan producirse situacións familiares. Neste punto, Ferreiro manifestou "a intención do Concello, dentro dese protocolo, de investigar as responsabilidades que puidesen existir tanto na concesión da licenza de rehabilitación como nas accións posteriores". "Nin a cidade nin o Concello teñen por que asumir que non haxa persoas, con nomes e apelidos, que sexan responsables desta situación, a dunha desfeita urbanística que a cidade arrastrou durante máis de 20 anos. Por iso, temos a determinación de iniciar un procedemento de investigación, con todas as dificultades, non obstante, que poida ter dado o tempo que pasou", anunciou.

"Este Concello leva máis de tres anos e medio traballando a prol dun urbanismo diferente. Moitas veces escoitamos manifestacións de determinados grupos que din que o goberno local aplica o urbanismo dunha forma moi estrita. Pois ben, o Conde de Fenosa é o resultado de non aplicar o urbanismo desa forma", dixo o alcalde, quen tamén recordou, á marxe do protocolo de Boas Prácticas o resto de acordos acadados dentro do convenio de mediación e que deben cumprirse. Entre os mesmos figura o recoñecemento público da responsabilidade da Corporación municipal respecto da anulación da licenza urbanística, a construción por parte do Concello dun edificio de arredor de 50 vivendas de Protección Oficial no Parque Ofimático da Coruña a proposta da parte recorrente e en concepto da renuncia desta a esixir a íntegra compensación que considera que lle correspondería e o recoñecemento dunha indemnización polos danos persoais de índole moral causados á recorrente durante máis de 21 anos. Do mesmo xeito, impulsaranse as accións precisas para incluír o inmoble, se así fose posible, como edificio singular no PXOM vixente.

Cumprimento dos acordos

Ao respecto do cumprimento dos acordos acadados no procedemento de mediación intraxudicial, o primeiro edil indicou que "o que lle pediría agora a todos os grupos e, nomeadamente, ao PSOE é que faga todo o necesario para garantir o cumprimento destes acordos no tempo previsto". "Todos e todas temos que contribuír a pór punto e final neste asunto e que non teña máis derivadas", comentou. "O máis sinxelo para proceder ao pago da indemnización sería ter un novo orzamento en vigor. Cun modificativo sobre un orzamento prorrogado sería máis complicado porque habería que buscar de onde sacar esta cantidade, algo que é moito máis accesible nun orzamento de 252 millóns de euros, que nun prorrogado, que é menor e onde a maioría dos gastos xa están comprometidos", comentou. Ao fío disto, e con respecto á necesaria aprobación do proxecto de orzamentos municipais, Ferreiro reiterou a vontade de negociar, agora ou logo da aprobación inicial. "Evidentemente, para facilitar esta cuestión, estamos dispostos a explorar calquera posibilidade, tanto antes como despois da aprobación do expediente", indicou.  

Comunicado veciñal

En relación ao comunicado emitido esta mesma mañá por varias asociacións veciñais no que demanda aos distintos grupos municipais a aprobación inicial do orzamento de 2019 no Pleno que se celebrará este luns en María Pita como primeiro paso para, segundo as súas palabras, "iniciar unha negociación posterior que termine na aprobación definitiva do orzamento", o alcalde sinala que "a veciñanza está a amosar sentido común e responsabilidade, pois a non aprobación do proxecto orzamentario deixaría privados aos barrios de moitos proxectos historicamente demandados". "A nosa vontade segue a ser a de negociar, tanto antes como despois da aprobación aprobación inicial das contas municipais, período no que se abre un novo período para facer propostas e achegas", evidencia.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?