Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de octubre de 2018

O Goberno local suspende a concesión de novas licenzas de construción na contorna das murallas históricas da cidade co obxectivo de estudar medidas para a súa posta en valor

O edil de Rexeneración Urbana indica que a suspensión, dun ano, non afecta aos permisos para rehabilitación, conservación e mantemento das vivendas, xa que só se limitará a licenzas de parcelación, edificación e demolición na área do casco histórico dende Metrosidero ata Porta Real. Este proceso está relacionado co Plan de Revitalización da Cidade Vella, xa que se realizará tamén unha análise das posibilidades de introducir novas dotacións públicas que subsanen as deficiencias detectadas no barrio e que foron sinaladas pola Mesa Cidadá do casco histórico.

A Concellería de Rexeneración Urbana levará á Xunta de goberno local extraordinaria que se celebra mañá a proposta de suspensión por un ano das licenzas relativas a parcelación, edificación e demolición no ámbito no que se atopan as murallas históricas da cidade da Cidade Vella, dende o Metrosidero até Porta Real, co dobre obxectivo de estudar medidas para a posta en valor do conxunto histórico defensivo da cidade e tamén para analizar as posibilidades existentes para definir novas dotacións públicas que dean servizo á veciñanza do casco histórico, unha liña de acción enmarcada no Plan de Revitalización do barrio. O responsable de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, explicou que esta suspensión, un mecanismo que prevé a Lei de Solo de Galicia e que xa se empregou noutros casos na cidade, "non afectará en ningún caso ás licenzas de conservación, mantemento e rehabilitación integral, se ben a decisión apenas afecta a edificación residencial".  

Esta período de suspensión permitirá, como indicou o edil, por un lado, a análise das medidas precisas para "poñer en valor e protexer o conxunto histórico do sistema defensivo das murallas da Cidade Vella, un conxunto de gran valor patrimonial", e, por outro, "afondar na necesidade de estudar a posibilidade de introducir novas dotacións públicas que complementen as necesidades do tecido residencial da Cidade Vella, ante o déficit de zonas verdes e a carencia de equipamentos do barrio". Tal e como lembrou o concelleiro, esta demanda foi posta de relevo xa na primeira xuntanza da Mesa Cidadá da Cidade Vella, en maio deste ano, constituída no marco do Plan de Revitalización da zona. A decisión supón, ademais, poñer en marcha un proceso paralelo do procedemento de modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Pescaría (PEPRI) que se adapte a esta dobre finalidade exposta polo Goberno local e que sirva tamén para levar a cabo "outras cuestións máis técnicas, como son a adaptación do plan á normativa urbanística vixente, xa que no ano 2016 foi aprobada unha nova lei do solo de Galicia".

O concelleiro de Rexeneración Urbana considerou tamén que esta modificación está vinculada ao traballo e política do Goberno local para "protexer o bordo litoral da cidade". Neste sentido, citou o a modificación puntual no terreo da Solana para cambiar a súa natureza de privado a público ou "o proceso relacionado cos peiraos interiores da cidade, onde defendemos unha folla de ruta radicalmente distinta da prevista por anteriores executivos e que se basea na titularidade e xestión pública dos terreos".

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?