Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Esta concellaría presta conformidade ás bases da convocatoria de renovación e novas matrículas das Escolas Deportivas Municipais (en diante EDM) do Servizo Municipal de Deportes (en diante SMD), segundo a normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades (aprobada pola Xunta de Goberno Local o 20 de xullo de 2007).

Constitúe o obxecto destas bases a matrícula nas EDM; tanto que se trate da renovación do alumnado asistente durante o curso anterior como das vacantes que se produzan ou de novas modalidades para impartir durante o vindeiro curso.

Prazas dispoñibles para o período de matrícula do 18 ao 22 de decembro

A partir do día 9 de outubro quedará aberto ata o 31 de decembro nas escolas de 6-8 anos, 9-11 anos e 12-17 anos, e ata o 31 de marzo nas esoclas de +18 anos e +60 anos o prazo de matrícula, nas prazas e horarios que queden dispoñibles nas E.D.M. na cidades deportivas de Riazor, A Torre e Barrio das Flores, as cales pode consultar na seguinte táboa, que se irán actualizando cada venres:

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 6 A 8 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
AIKIDO 6-8 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 2
IUDO 6-8 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 8
MINITENIS 6-8   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 6
PATINAXE 6-8    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 14
XIMNASIA 6-8 ANOS (SAGRADA FAMILIA) 13
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 9 A 11 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
AIKIDO 9-11 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 2
BADMINTON 9-11   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 10
ESGRIMA 9-11   (CASA DA AUGA) 6
IUDO 9-11 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 6
NATACIÓN 9-11 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 2
TENIS 9-11 C.D. TORRE 1
TENIS 9-11 NOVO MESOIRO (NOVO MESOIRO) 2
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 12 A 17 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
ESGRIMA 12-17   (CASA DA AUGA) 1
TENIS 12-17 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 1
TENIS 12-17 NOVO MESOIRO (NOVO MESOIRO) 12
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 18 A 64 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
GAP E BAL 18-64   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 8
MANTEMENTO  18-64  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 9
MANTEMENTO 18-64 E +65   P. Bº FLORES (BARRIO DAS FLORES) 2
MANTEMENTO 18-64   SAN FRANCISCO XABIER (SAN FRANCISCO XABIER) 1
NATACIÓN 18-64 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 4
NATACIÓN PRENATAL (MENSUAL) (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 17
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS +60 +65 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
MANTEMENTO +60 A 75 INTENSIVO BARRIO DAS FLORES (BARRIO DAS FLORES) 5
NATACION +65 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 6

Pode consultar os horarios dispoñibles premendo na seguinte ligazón

Listaxes definitivas de solicitantes E.D.M. curso 2017-18

Publícase a listaxe definitiva de solicitantes para as Escolas Deportivas Municipais do curso 2017-18

Ábrese un prazo de matrícula dende o 25 ao 29 de setembro para as persoas solicitanes que figuran comoMATRÍCULA, nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), en horario de 08.00 a 14.00 h.

Dende os días 2 ao 6 de outubro quedará aberto o prazo de matrícula EXCLUSIVAMENTE para o resto de solicitantes preinscritos, os cales figuran como CONSULTA AS BASES, nas prazas e horarios que queden dispoñibles. 

A partir do 9 de outubro e ata o 31 de decembro, no caso das escolas de 6 a 8, 9 a 11 e 12 a 17 anos, e o 31 de marzo para o resto de escolas, publicaranse as listaxes de prazas dispoñibles e que terán libre matrícula.

Pode consultar a listaxe e mais a folla de nova matrícula premendo nas seguintes ligazóns:

Sorteo de orde para as matrículas para as E.D.M. curso 2017-18

Unha vez realizado o sorteo para establecer a orde de preferencia para a matrícula nas Escolas Deportivas Municipais do curso 2017-18, procédese á publicación do cadro coas letras agraciadas, lembrándolles que se procedeu a extraer dúas letras por apelido, as cales corresponderían ás dúas primeiras letras de cada apelido e, polo tanto, ao punto de corte para a elaboración das listaxes definitivas, publicaranse o venres día 22 de setembro:

MODALIDADE DEPORTIVA Letras 1º ap Letras 2ª ap
AIKIDO B R C A
JUDO L K D T
TENIS (INCLUÍDO MINITENIS) W B Z N
NATACIÓN G Q O T
PATINAXE N C R D
XIMNASIA Ñ H Z O
ATLETISMO H R E A
BÁDMINTON X R F Y
ESGRIMA Y O U Y
ESCALADA T B Q Ñ
PADEL L Z - -
BAILE DEPORTIVO Ñ F L I
ADESTRADOR PERSOAL X Ñ C A
GAP e BAL F N C R
MANTEMENTO E Z Y U
PILATES A A C V

Dadas as solicitudes de persoas cun só apelido, e para equiparar as oportunidades, engadiuse entre o Z e o A un díxito (-) equivalente a "non apelido", para que nestes casos non houbese discriminación con respecto ás persoas solicitantes con dous apelidos. Por iso aparece o díxito "-" na modalidade deportiva que se indica no cadro adxunto.

Nestes momentos estase revisando a listaxe provisional e corrixindo os erros relativos a datos persoais: DNI, data de nacemento, padrón, erros ortográficos en nomes e apelidos.

As peticións de cambio de actividade ou de instalación non se consideran motivo de corrección, e poderá acceder a persoa á nova actividade solicitada en convocatoria libre a partir do 9 de outubro segundo se indica nas bases da convocatoria.

Así mesmo corrixíronse as persoas solicitantes que se preinscribiron en máis de dúas actividades, eliminando directamente por orde de entrada as sobrantes. Cláusula III.3) 

As listaxes definitivas publicaranse o día 22 de setembro.

Prazo e lugares de  matrícula para todo o alumnado: realizarase do 25 ao 29 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor) de 08:00 a 14:00 h. No caso de que se trate de escolas impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse realizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido neles. 

Haberá un único chamamento de matrícula para inscribirse nas EDM.

Só se poderán matricular as persoas ás que lles correspondese praza e non haberá chamamentos posteriores. Rematado o prazo de matrícula e, no suposto de quedar prazas vacantes, haberá un prazo de 5 días hábiles (dende o día 2 ao 6 de otubro) no que se poderá matricular calquera persoa preinscrita na convocatoria na actividade EDM solicitada. Estas matriculacións efectuaranse por rigorosa orde de chegada ás oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).

A partir do 13 de outubro e ata o 31 de marzo, todos os venres a partir das 14:00 h publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010 as prazas que aínda quedasen vacantes. Así mesmo, na devandita páxina web indicarase o xeito de proceder, na data e forma, con estas matrículas, e comezarán estas a partir do día 16 de outubro 

Exceptúanse do punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas as matrículas ata o 31 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida -excepcionalmente- permitir a matriculación nun período posterior.

Listaxes provisionais de solicitantes E.D.M. curso 2017-18

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes para este curso 2017-18, ábrese un prazo de corrección os días 18 e 19 de setembro, que se poderán presentar nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), en horario de 08.00 a 14.00 h.

Pode consultalos premendo nas seguintes ligazóns:

Así mesmo lembrámoslle:

  • Que debido a que hai máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo o día 20 de setembro as 10:00 h na oficina administrativa do Palacio dos Deportes de Riazor,
  • As listaxes definitivas publicaranse o día 22 de setembro
  • O prazo de matrícula será do 25 ao 29 de setembro en horario de 08:00 a 14:00 h nas oficinas da C.D. de Riazor, C.D. da Torre e na Polideportiva do Barrio das Flores. As solicitudes de preinscrición en EDM impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse formalizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido neles
  • Unha vez rematado este prazo habilitaranse 5 días naturais (do 2 ao 6 de outubro de 2017) nos que se poderá matricular calquera persoa preinscrita na actividade. Estas matriculacións efectuaranse por rigorosa orde de chegada ás oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor)

Bases das novas solicitudes e matriculacións

(EXTRACTO, pode consultar as bases completas nesta ligazón)

1.- Datas de presentación de solicitudes de preinscrición: do 1 de setembro ata as 13.30 h do 13 de setembro.

2.- Lugar de presentación de solicitudes de preinscrición: as solicitudes presentaranse cubrindo o seguinte formulario, agás os cursos de recuperación funcional.

Cando a persoa non dispoña dos medios necesarios para facer a solicitude telemática, poderá acudir de xeito presencial -para que lla realicen- ás oficinas do SMD situadas na Cidade Deportiva da Torre, Palacio de Deportes de Riazor e Polideportivo do Barrio das Flores, no horario do rexistro e atención ao público do Concello (de 08.00 a 13.30 h).

As solicitudes de preinscrición en EDM impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse formalizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido neles.

3.- Número de cursos por persoa: cada persoa poderá solicitar un máximo de dous cursos, pero só se poderá matricular nun único curso. Se alguén solicitase máis de dous cursos só se terán en conta as dúas primeiras solicitudes rexistradas por esa persoa. Iso non obstante, se unha vez rematada a convocatoria houbese prazas vacantes, poderá realizarse a matrícula nos cursos que estean dispoñibles.

4.- Listaxes provisionais: publicaranse o día 15 de setembro.

5.- Prazo e lugar de presentación de alegacións: os días 18 e 19 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor), en horario de 08.00 a 14.00 h.

6.- Orde de preferencia: nos supostos en que o número de prazas ofertadas sexa menor das demandadas, para a orde de preferencia teranse en conta primeiro as persoas empadroadas no Concello da Coruña e, se aínda así resultase necesario, realizarase un sorteo público (para cada unha das escolas deportivas) na oficina administrativa do Palacio dos Deportes de Riazor ás 10.00 horas do día 20 de setembro, conforme o procedemento establecido no apartado IV.5) das presentes bases.

7.- Listaxes definitivas: publicaranse o día 22 de setembro.

8.- Prazo e lugares de matrícula para todo o alumnado: do 25 ao 29 de setembro nas oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor) de 08.00 a 14.00 h. No caso de que se trate de escolas impartidas nas instalacións de San Amaro e San Diego deberanse realizar nos devanditos centros e no horario de atención ao público establecido neles.

Haberá un único período de matrícula para inscribirse nas EDM. Só se poderán matricular as persoas ás que lles correspondese praza e non haberá listaxes de espera posteriores.

Rematado o prazo de matrícula e no suposto de quedar prazas vacantes, haberá un prazo de 5 días hábiles no que se poderá matricular calquera persoa preinscrita na actividade. Estas matriculacións efectuaranse por rigorosa orde de chegada ás oficinas do SMD (sitas na cidade deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).

A partir desta data e ata o 31 de marzo, todos os venres a partir das 14.00 h publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010 as prazas que aínda quedasen vacantes. Así mesmo, na devandita páxina web indicarase o xeito de proceder, en data e forma, con estas matrículas.

Exceptúanse de punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas as matrículas ata o 30 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida -excepcionalmente- permitir a matriculación nun período posterior.

Cadro de prazas libres das EDM do curso 2017/18

HORARIOS DISPOÑIBLES

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS RIAZOR, A TORRE, BARRIO DAS FLORES, SAN DIEGO E SAN AMARO

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 6 A 8 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
AIKIDO 6-8 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 14
JUDO 6-8 ANOS UN DÍA (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 13
MINITENIS 6-8   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 20
NATACIÓN 6-8 ANOS INICIACIÓN  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 68
NATACIÓN 6-8 ANOS INICIACIÓN (SAN AMARO) 10
NATACIÓN 6-8 ANOS SAN DIEGO 49
PATINAXE 6-8    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 40
XIMNASIA 6-8 ANOS (SAGRADA FAMILIA) 27
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 9 A 11 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
AIKIDO 9-11 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 6
ATLETISMO 9-11   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 16
BADMINTON 9-11   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 19
ESGRIMA 9-11   (CASA DA AUGA) 13
JUDO 9-11 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 14
NATACIÓN 9-11   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 37
NATACIÓN 9-11 ANOS (SAN AMARO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 4
NATACIÓN 9-11 ANOS (SAN DIEGO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 14
PATINAXE 9-11    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 3
TENIS 9-11   (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR) 11
TENIS 9-11   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 5
TENIS 9-11 NOVO MESOIRO (NOVO MESOIRO) 11
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 12 A 17 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
ATLETISMO 12-17   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 8
BADMINTON 12-17   RIAZOR (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 9
ESCALADA 12-17   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 4
ESGRIMA 12-17   (CASA DA AUGA) 6
NATACIÓN 12-17 DOUS  DÍAS (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 16
NATACIÓN 12-17 ANOS (SAN AMARO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 13
NATACIÓN 12-17 ANOS (SAN DIEGO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 26
PADEL 12-17   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 4
PATINAXE 12-17    (POLIDEPORTIVA Nº1 DE RIAZOR) 2
TENIS 12-17 ANOS   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 9
TENIS 12-17   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 9
TENIS 12-17 NOVO MESOIRO (NOVO MESOIRO) 12
XIMNASIA INIC 12-17 ANOS (SAGRADA FAMILIA) 8
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 18 A 64 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
BAILE DEPORTIVO   18-64 RIAZOR (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 3
ADESTRADOR PERSOAL 18-45 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 9
ADESTRADOR PERSOAL 30-50 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 3
ADESTRADOR PERSOAL 46-65 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 4
GAP E BAL 18-64   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 34
MANTEMENTO  18-64  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 62
MANTEMENTO +18 E +65 ESPECIAL   SAGRADA F. (SAGRADA FAMILIA) 2
MANTEMENTO 18-64   ROSALES (OS ROSALES) 9
MANTEMENTO 18-64 E +65   P. Bº FLORES (BARRIO DAS FLORES) 4
MANTEMENTO 18-64   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 5
MANTEMENTO 18-64   SAN FRANCISCO XABIER (SAN FRANCISCO XABIER) 5
NATACIÓN 18-30 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 3
NATACIÓN 18-64 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 71
NATACIÓN 18-64 ANOS (SAN AMARO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 80
NATACIÓN 18-64 ANOS  INICIACIÓN (SAN DIEGO) 18
NATACIÓN 18-64 ANOS   PERFECCIONAMENTO (SAN DIEGO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 7
NATACIÓN 30-50 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 6
NATACIÓN PRENATAL (MENSUAL) (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 20
PADEL 18-64   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 2
PILATES 18-64  (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 17
PILATES 18-64   (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 5
PILATES 18-64   BARRIO DE LAS FLORES (BARRIO DAS FLORES) 14
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS +60 +65 ANOS
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
MANTEMENTO +60 A 75 INTENSIVO TORRE (CIDADE DEPORTIVA DE TORRE )
1
MANTEMENTO +60 A 75 INTENSIVO RIAZOR (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR) 13
MANTEMENTO +60 A 75 INTENSIVO BARRIO DAS FLORES (BARRIO DAS FLORES) 10
MANTEMENTO +65 BARRIO DAS FLORES (BARRIO DAS FLORES) 9
MANTEMENTO +65   RIAZOR (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) 37
MANTEMENTO +65   TORRE (CIDADE DEPORTIVA DA TORRE) 6
PILATES +60 INTENSIVO RIAZOR 3
NATACION +65   (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 58
NATACIÓN +65 ANOS (SAN AMARO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 10
NATACIÓN +65 ANOS   INICIACIÓN (SAN DIEGO) 25
NATACIÓN +65 ANOS   PERFECCIONAMENTO (SAN DIEGO) (REQUISITO: SABER NADAR 25 m) 13

RECUPERACIÓN FUNCIONAL

A admisión na EDM de Recuperación Funcional deberá ser informada favorablemente, logo da previa valoración funcional, polo fisioterapeuta municipal ou, de ser o caso, por un profesional competente designado polo Servizo de Deportes.

O procedemento será o seguinte:

  1. Presentarase unha solicitude nos rexistros do SMD (sitos na Cidade Deportiva da Torre, polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor).
  2. A persoa presentarase para ser valorada no lugar, día e hora que lle indique o Servizo de Deportes, e deberá levar consigo o diagnóstico clínico e outros datos e/ou informes que considere de interese.
RECUPERACIÓN FUNCIONAL
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL PRAZAS LIBRES
RECUPERACIÓN FUNCIONAL ADULTOS (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR)  29
RECUPERACIÓN FUNCIONAL INFANTIL (CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR)    9
RECUPERACIÓN FUNCIONAL ADULTOS (SAN AMARO) 75
RECUPERACIÓN FUNCIONAL INFANTIL-XUVENIL (SAN AMARO) 20
RECUPERACIÓN FUNCIONAL (SAN DIEGO) 35
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?