Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2023

A alcaldesa recibe a Protección Civil polo 40 aniversario da súa posta en marcha

Inés Rey: “Catro décadas de servizo público e voluntario dedicado aos coruñeses e que hoxe son un motivo de orgullo para toda a cidade”

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde no Salón de Plenos á Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil da Coruña con motivo do 40 aniversario da súa creación. O pleno da Coruña aprobara o 8 de agosto do 1983 a creación da AVPC da Coruña, constituíndose o 7 de setembro do mesmo ano. "Catro décadas de servizo público e voluntario dedicado aos coruñeses e coruñesas e que hoxe son un motivo de orgullo para toda a cidade" explicou a rexedora. A alcaldesa fíxolle entrega a Tomás Fariñas da insignia de recoñecemento pola súa traxectoria na agrupación, logo dunha década como voluntario de Protección Civil.

No acto estiveron presentes Montserrat Paz, concelleira de Seguridade e Atención Cidadá; e Ana María Ares Vilariño, presidenta da AVPC da Coruña. Tamén estiveron Federico de la Fuente, Antonio Alfeirán eCarlos García Touriñá; ex xefes de Protección Civil. A presidenta da Agrupación fíxolle entrega á alcaldesa dun pin de plata en nome de todo o equipo como mostra de agradecemento polo traballo da agrupación.

Rey lembrou que os voluntarios e voluntarias de Protección Civil sempre foron parte dos momentos máis importantes da historia recente da cidade. "Nacestes por necesidade coa celebración do Mundial do 82, estreástesvos como entidade co concerto de Miguel Ríos en Riazor ao que lle seguiron outros como o dos Mil Anos e volvestes pisar o céspede o ano pasado coa primeira edición do Morriña Fest en Riazor así como ulir o mar con este verán de concertos no Porto da Coruña" lembrou a alcaldesa. Tamén recordou a importancia da agrupación en catástrofes como a traxedia do Mar Exeo ou o Prestige e máis recentemente na pandemia. "Sabedes que podedes contar con esta alcaldesa e este Goberno sempre que o precisedes e espero que sexan moitos máis os anos que sigamos compartindo este camiño" concluíu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión