Denominación | Requisitos | Datas | Prezo / Dotación | Información |
---|---|---|---|---|
Campus de Verán XuvenCiencia da USC |
| Data: Dende o 30/06/2024 ata o 06/07/2024Data de inscriciónDende o 03/05/2024 ata o 12/05/2024 | 250 € para o Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de serán e noitiña Lumieira Acompaña e con aloxamento.A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, así coma o diploma de participación da USC. Ademais, inclúe a pensión completa desde o domingo 30 de xuño ao sábado 6 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo. | O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, etc. Oferta actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias indicadas na preinscrición. A partir das 18:00 h levaranse a cabo actividades lúdicas dentro do programa de lecer Lumieira Acompaña. Preinscrición: na web https://xuvenciencia.org/campus A metade das prazas ofertadas adxudicarase por orde de recepción de solicitudes, mentres que o resto serán sorteadas entre todo o alumnado inscrito. Contacto:XuvenCiencia USC
|
Campamentos de verán en Galicia e noutras Comunidades Autónomas. Xunta de Galicia |
| Data: Data de inscriciónDende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024 | Entre 146,70 e 321,50 euros, según actividade. Descontos: 50% persoas pertencentes a familias que teñan o título de numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 %. As persoas participantes nas actividades xuvenís disporán dos seguintes servizos:
| SOLICITUDES: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán presentarse de forma individual ou múltiple, para o suposto de irmáns/ás, ou menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar. Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica instalación, quenda e campamento, identificado co mesmo código. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións, quendas e campamentos solicitados.
Contacto:Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social e Xuventude Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15781 Santiago de Compostela Teléfonos: 881 99 90 25 / 981 54 52 93 / 881 99 93 14 / 981 54 01 22 Xefatura Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado Espazo Amizar, Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña Teléfonos: 881 88 12 38 / 881 88 12 39 / 881 88 12 40 / 881 88 12 41 Publicación: DOG 16/04/2024 |
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade |
| Data: Data de inscriciónDende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024 | 125 euros. Descontos: 50% para membros de familia que teñan o título de numerosa e familias que teñan o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, e 25% para as persoas usuarias do Carné xove. | Os campamentos permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro. Contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria. Idades, datas e instalación:
Contacto:Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade Teléfonos: 981 547 399 e 981 544 640 Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña. Teléfono 881 881 528 Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR004A |