Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de mayo de 2024

Máis de 1.500 persoas participarán este domingo na Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, no circuíto Coruña Corre

Dende as 7.00 ate as 14.00 horas cortarase a rúa San Pedro de Visma, desde a Igrexa ata a nova glorieta que dá acceso á subida cara ao parque de Bens

A incripción na XIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, a segunda proba do décimo circuíto de carreiras populares Coruña Corre, pechou este domingo o prazo con máis de 1.500 persoas inscritas que se darán cita este domingo, a partir das 10.00 horas, para participar na competición. O circuíto Coruña Corre é unha das medidas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para a promoción do deporte popular. 

O inicio e a meta da proba estarán situadas na rúa San Pedro de Visma, no cruzamento coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico municipal. A carreira discorrerá pola estrada de Bens ata o parque, onde terá lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Haberá un avituallamento sólido e líquido na meta.

A xornada comezará coa proba absoluta, cunha distancia de 6,5 quilómetros entre terreo asfaltado e zonas verdes, e que conta con preto de 1.000 corredores. As carreiras de categorías inferiores, comezarán a partir das 11.15 horas, e serán un total de seis dende as categorías sub16 e sub 18 ás dos máis pequenos e pequenas. En total, participarán máis de 500 nenos e nenas de entre 3 e 18 anos, sendo a categoría peques (de 3 a 9 inclusive) a máis numerosa, seguida da sub10.

As persoas participantes nesta Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma deberán retirar os seus dorsais no Centro Cívico de San Pedro de Visma a partires deste sábado 6, en horario de 11.00 a 20.30 horas. Tamén poderán recollelo o mesmo día da carreira, domingo 7, ate unha hora antes do comezo das probas. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal non precisan retirar un novo, xa que este é único para todas as probas.

Como é habitual, o Concello da Coruña habilitará un servizo de gardarroupa, de 9.30 a 13.00 horas, no Centro Cívico. Tamén haberá un servizo de duchas no polideportivo municipal de Labañou, de 10.30 a 13.00 horas. A entrega de premios terá lugar a partir das 12.30 horas no podio situado fronte á zona de meta.

Afeccións ao tráfico

Con motivo da carreira deste domingo, o Concello prevé diversas afeccións ao tráfico xo obxectivo de desenvolver a proba con total seguridade. Dende as 7.00 ate as 14.00 horas cortarase a rúa San Pedro de Visma, desde a Igrexa ata a nova glorieta que dá acceso á subida cara ao parque de Bens. Ademais, suprimirase o estacionamento en ambas as marxes para a montaxe do arco de saída e meta.

Entre as 09.30 e as 12.00 horas, efectuarase o peche total do circuíto e, en consecuencia, non poderán circular vehículos na DP-3003 desde San Pedro de Visma ata o cruzamento co Centro Municipal de Animais de Compañía. Nesa mesma franxa horaria ampliarase o corte da rúa San Pedro de Visma ata a glorieta de Catro Ventos (baixada ao Portiño), salvo para persoas residentes. Igualmente, cortarase a rúa Pedreiras e desviarase o tráfico cara á rúa Río, con acceso para residentes. Os cortes afectan as liñas de autobuses 3 e 3A, que poderán entrar á nova glorieta de Visma ate as 09.30 horas. Logo, ate as 14.00 horas, darán a volta na glorieta de Catro Ventos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión