7 de febrero de 2024
O evento, que converterá a cidade no epicentro nacional deste deporte, terá lugar no Coliseum con entrada gratuíta
O Coliseum da Coruña acollerá esta fin de semana a XVIII Copa Cidade da Coruña de Taekwondo, que contará coa participación de máis de mil deportistas de todo o territorio nacional, convertendo a cidade no epicentro desta disciplina. O Concello organiza esta proba en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e a Escola de Taekwondo Garrapucho.
Esta competición é unha das máis emblemáticas deste deporte das que se programan en Galicia e permitirá ver en directo os mellores deportistas nacionais, que buscarán acadar bos resultados de cara ao resto de eventos nacionais e internacionais. Este campionato serve en Galicia para clasificarse para as diferentes competicións estatais de cada categoría. Tamén é válido para o ránking nacional na categoría Máster, que dá acceso ao Mundial e ao Europeo.
Participarán persoas de ata oito categorías: infantil, precadete, cadete, júnior, sénior e máster 1, 2 e 3. O sábado 10 a xornada de mañá comezará ás 09.00 e rematará ás 14.00 horas. Pola tarde, o horario de competición será de 15.00 a 20.00 horas. O domingo a xornada comezará ás 09.00 horas. A entrada ao recinto será gratuíta ata completar a capacidade en ambas as xornadas.
"O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta pola promoción do deporte e a programación na nosa cidade de grandes eventos que permitan, á vez que fomentan a participación da cidadanía no tecido deportivo, visibilizar A Coruña no exterior e xerar un retorno económico inmediato", sinala Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, que recibiu no Palacio dos Deportes de Riazor á directiva e integrantes da Escola de Taekwondo Garrapucho, aos que agradeceu o seu labor na organización deste evento de carácter nacional.
15 de mayo de 2024
12 de mayo de 2024
16 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible