Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Locais de Ensaio

Os locais de ensaio do Concello da Coruña, ubicados nos baixos do Coliséum, contiguos á Sala O Túnel, son un servizo de balde dirixido á mocidade da nosa cidade para que teña espazos axeitados onde expresar a súa creatividade e as súas inquedanzas musicais.

PERSOAS DESTINATARIAS

Músicos noveis, tanto en grupo como individualmente, que cumplan 2 requisitos:
  • Alo menos, a metade dos/as integrantes do grupo sexan menores de 30 anos.
  • Alo menos, a metade dos/as integrantes estean empadroados no Concello da Coruña, ou ben cursando estudos actualmente nun centro educativo da cidade.

PERÍODO DE APERTURA

Os Locais de Ensaio permanecen abertos os 12 meses do ano, os sete días da semana (agás festivos, e días nos que a ocupación do Coliséum non o permitan).

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Este espazo para a mocidade está integrado por:

  • Tres locais de ensaio equipados con backline (batería, amplificador de baixo, amplificador de guitarra, equipo de micros...)
  • Unha sala de control con capacidade para gravar maquetas.
  • Un técnico con coñecementos de son e sóftware informático especializado para realizar tarefas técnicas nas gravacións.
  • Unha persoa con coñecementos audiovisuais.

HORARIO DE USO

O horario de apertura dos Locais de Ensaio é o que sigue:
  • Os luns e os mércores, de 16.00 a 22.00 horas
  • De xoves a domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas

(Os martes están reservados para sesións de gravación)

OFRECEN

  • 3 horas á semana de ensaio
  • Festivais Solidarios En Directo
  • Accións formativas
  • Estudio de gravación e equipo audiovisual
  • Asesoramento, tanto para o proxecto musical como para a imaxe do grupo e xestión de redes sociais

COSTE

Gratuíto.

CONTACTO

Coordinación dos Locais de Ensaio: locaisdensaio@gmail.com

Dept. Audiovisual dos Locais de Ensaio: locaisdensaiocoliseum@gmail.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión