Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Actividades

resultados 29

  • Talento Mozo online. Conversa con Martín de la Puente

    Imaxe do tenista Martín de la Puente.

    Cando:

    04/06/2020

    A Dirección Xeral de Xuventude organiza, dentro do programa Talento Mozo en liña, unha nova conversa. Nesta ocasión a charla en directo será co tenista Martín de la Puente.

  • FLIV 2020 - I Festival Virtual da Literatura galega

    Banner do festival: unha porta entreaberta desde a que se ve unha estantería con libros.

    Cando:

    Dende o 26/06/2020 ata o 28/06/2020

    DataLib Servizos Documentais, Anna R. Figueiredo e Revista Fervenzas Literarias, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, organizan o FLIV 2020, o I Festival Virtual da Literatura galega, un espazo virtual co obxectivo de visibilizar a riqueza cultural galega e a riqueza empresarial que ten detrás a través de múltiples actividades.

  • Listas provisionais de Campamentos de verán 2020 para a xuventude

    Cartel do campamento: xeado

    A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá publica os listados provisionais de prazas solicitadas para os campamentos municipais de verán da Área de Mocidade dirixidos a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos.

  • Semana do Medio Ambiente e os Océanos

    Comprometidos co medio ambiente e os océanos

    Cando:

    Dende o 01/06/2020 ata o 30/06/2020

    Co gallo do Día do Medio Ambiente (ODS 13: Acción polo clima) 5 de xuño, e o Día dos Océanos, 8 de xuño (ODS 14: Vida submarina), Afundación lanza o proxecto «Semana do Medio Ambiente e os Océanos», que ten por obxectivo concienciar, mobilizar e unir a sociedade respecto da acción ambiental e a xestión sostible dos océanos.

  • Ciclo de concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia

    persoa gravando cun móbil un concerto da Sinfónica

    Cando:

    Dende o 03/06/2020 ata o 19/06/2020

    A Sinfónica de Galicia retoma a súa actividade musical presencial co seu primeiro ciclo de concertos a porta pechada: 9 programas de concertos privados ofreceranse sen público no Teatro Colón da Coruña pero poderanse seguir en aberto na súa canle YouTube

  • Laboratorio Reinicio da Fundación Seoane

    Cartel de la actividad

    Cando:

    Dende o 27/05/2020

    A Fundación Luis Seoane presenta este proxecto en proceso aberto vinculado, especialmente, aos colectivos migrantes e inspirado na práctica da reconstrución da identidade, que nace coa intención de construír unha publicación que recolla as conversacións, experiencias, producións e reflexións daqueles que buscan formar parte dunha nova sociedade e dos que os acollen.

  • Campamentos de verán 2020 para a xuventude

    Cartel do campamento: xeado

    Cando:

    Dende o 06/07/2020 ata o 31/07/2020

    *O campamento realizarase de luns a venres. *Os días festivos, sábados e domingos, non haberá campamento.

    Inscricións:

    Dende o 27/05/2020 ás 10.00 h ata o 29/05/2020 ás 20.00 h 

    A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá organiza, un ano máis, os campamentos municipais de verán da Área de Mocidade dirixidos a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos.

  • Charla online informativa sobre Servizo Voluntario Europeo

    Foto dun voluntario nun campamento de rapaces

    Cando:

    03/06/2020

    A Fundación Paideia organiza o próximo 3 de xuño unha nova charla informativa sobre o Servizo Voluntario Europeo (SVE), proxectos de voluntariado financiados por la UE, destinados á mocidade entre 18 e 30 anos e incluídos no Programa Erasmus+.

  • Eu tamén fago Museo

    Cartel actividade eu tamén fago museo.

    Cando:

    Dende o 18/05/2020 ata o 15/06/2020

    Afundación - Obra Social ABanca puxo en marcha unha iniciativa para recrear na casa diferentes obras de arte. Cada luns van suxerir 4 obras da Colección ABANCA e Colección Afundación.

  • Premios Fugaz 2020. Emisión en liña das curtametraxes nomeadas

    Cartel emisión curtos premios Fugaz.

    Cando:

    Dende o 18/05/2020 ata o 14/06/2020

    A organización dos Premios Fugaz-CortoEspaña realiza a estrea diaria na súa conta de facebook dos curtos nomeados.

resultados 29

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión