Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Educación de persoas adultas

educación de persoas adultas ten a finalidade de lles ofrecer ás persoas maiores de dezaoito anos a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional. As persoas adultas poden realizar as súas aprendizaxes tanto por medio de actividades de ensino, regrado ou non regrado, como a través da experiencia laboral ou en actividades sociais, polo que se tenderá a establecer conexións entre ambas as vías e adoptaranse medidas para a validación das aprendizaxes así adquiridas.

OFERTA EDUCATIVA:

OUTRAS OFERTAS:

  • Aula Mentorformación aberta, libre e a distancia a través de internet, promovida polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación. Ofrece un gran número de cursos de temática variada: informática, administración, saúde, medios audiovisuais...
  • Formación profesional ocupacional: trátase de formación non regrada dirixida principalmente a persoas en situación de desemprego, creada para a reinserción laboral. 
    • Competencias clave: requisitos formativos que asegurán que as persoas posúen os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos Certificados de Profesionalidade. Estas competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento: lingua galega, lingua castelá, linguas estranxeiras, matemáticas, ciencia, tecnoloxía, dixital.

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • WhatsApp: 606 36 23 66
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión