Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Actividades

49 resultados

  • Programación CGAI outubro 2020

    cartel do programa

    Cando:

    Dende o 29/09/2020 ata o 31/10/2020

    O CGAI programa os seguintes ciclos de cinema para o mes de outubro: o ciclo "Esenciais" dedicado a Ida Lupino, un ciclo dedicado a Angela Schanelec, continúan o Women Make Film e o (S8) XI Mostra de Cinema Periférico, e, por último, as habituais seccións "Desencadres" (Stan Brakhage), "Off Galicia" (Novo Cinema Galego), "Fóra de serie" e "Cgai Júnior".

  • Semana da Arquitectura 2020

    foto antiga da fábrica da coca cola

    Cando:

    Dende o 01/10/2020 ata o 07/10/2020

    O Concello da Coruña dedica a Semana da Arquitectura 2020 ao arquitecto recentemente falecido Andrés Fernández-Albalat, cun programa que inclúe charlas, visitas guiadas e rutas pola súa obra na cidade

  • Listaxe provisional de admitidos quenda semestral outubro 2020 - abril 2021 dos Locais de Ensaio

    cartel promocional coa seguinte mensaxe "ensaia seguro"

    A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 19 de outubro.

  • 1ª edición de CINEMABEIRO na Domus

    cartel do evento

    Cando:

    Dende o 02/10/2020 ata o 04/10/2020

    A Domus acolle a 1º edición de CINEMABEIRO, a Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a Non Violencia, organizada pola asociación Mundo Sen Guerras co patrocinio da Fundación Emalcsa e colaboración do Concello da Coruña. O evento será un escaparate do mellor cinema de Dereitos Humanos, ofrecendo unha coidada selección de longametraxes e curtametraxes recentes, ao tempo que desenvolverá un programa divulgativo conformado por cinco debates que, debido a crise da COVID-19, levanranse a cabo de forma online

  • Voluntariado ambiental e saudábel

    Voluntarios participando na actividade de eliminación de prantas invasoras.

    Cando:

    O 1 e o 6 de outubro 2020

    ADEGA organiza dúas actividades de voluntariado no Monte da Fraga asociado ao proxecto de custodia do territorio coa Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC).

  • 17 edición do Festival Curtocircuíto

    Cartel do festival

    Cando:

    Dende o 03/10/2020 ata o 11/10/2020

    O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto deu a coñecer a programación completa coa que celebrará o seu décimo sétimo aniversario do 3 ao 11 de outubro en Santiago de Compostela, nunha edición que por vez primeira combinará as actividades presenciais coas que desenvolverá en liña.

  • Programación Sala Fernando Rey, outubro 2020

    cartel da película The perfect candidate

    Cando:

    Dende o 01/10/2020 ata o 31/10/2020

    A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta en outubro un ciclo de cinema sobre supervivencia e superación

  • CoruFest 2020

    cartel do festival

    Cando:

    Dende o 07/10/2020 ata o 11/10/2020

    Chega a edición 2020 do CoruFest, o Festival de Artes Escénicas pola diversidade afectivo-sexual. Un festival cultural sobre distintas actividades artísticas como a danza, a escritura, a música, as artes plásticas e o teatro, nas que se poñen en valor as diversidades sexuais.

  • Programación Sala Marilyn Monroe, outubro 2020

    cartel do documental Marley

    Cando:

    Dende o 01/10/2020 ata o 31/10/2020

    A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta en outubro o ciclo de cinema "Que non pare a música"

  • V edición do Encontro Internacional do Lixo Mariño

    cartel do encontro: estrela dos ventos feita con diversos materiais de lixo mariño

    Cando:

    Dende o 30/09/2020 ata o 02/10/2020

    O CEIDA, RetoqueRetro e Mar de Fábula organizan a V edición do Encontro Internacional do Lixo Mariño (Crebeiros no Mundo), que un ano máis tratará esta problemática e contará coa intervención de artistas, colectivos, ONGs,… que traballan a favor da conservación do medio mariño dende diferentes ámbitos.

resultados 49

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión